Cantares Gallegos de Rosalía de Castro Cantares Gallegos de Rosalía de Castro Poema número 1 Poema número 2 Poema número 3 Poema número 4 Poema número 5 Poema número 6 1. Has de cantar, que che hei de dar zonchos; has de cantar, que che hei de dar moitos. I Has de cantar, meniña gaiteira; has de cantar, que me morro de pena. Canta, meniña, na veira da fonte; canta, daréiche boliños do pote. Canta, meniña, con brando compás, daréiche unha proia da pedra do lar. Papiñas con leite tamén che daréi; sopiñas con viño, torrexas con mel. Patacas asadas con sal e vinagre, que saben a noces. ¡Qué ricas que saben! ¡Qué feira, rapaza, si cantas faremos...! Festiña por fora, festiña por dentro. Canta, si queres, rapaza do demo; canta, si queres; daréiche un mantelo. Canta, si queres, na lengua que eu falo. Daréiche un mantelo. Daréiche un refaixo. Co son da gaitiña, co son da pandeira, che pido que cantes, rapaza morena. Co son da gaitiña, co son do tambor, che pido que cantes, meniña, por Dios. Asi mo pediron na beira do mar, ó pe das ondiñas que veñen e van. II Así mo pediron na beira do río que corre antre as herbas do campo frorido. Cantaban os grilos, os galos cantaban, o vento antre as follas runxindo pasaba. Campaban os prados, manaban as fontes antre herbas e viñas, figueiras e robres. Tocaban as gaitas. Ó son das pandeiras bailaban os mozos cas mozas modestas. ¡Qué cofias tan brancas! ¡Qué panos con freco! ¡Qué dengues de grana! ¡Qué sintas! ¡Qué adresos! ¡Qué ricos mandiles! ¡Qué verdes refaixos! ¡Qué feitos xustillos de cor colorado! Tan vivos colores a vista trubaban; de velos tan váreos o sol se folgaba. De velos bulindo por montes e veigas, coidóu que eran rosas garridas e frescas. III Lugar máis hermoso non houbo na terra que aquel que eu miraba, que aquel que me dera. Lugar máis hermoso no mundo n'hachara que aquél de Galicia. ¡Galicia encantada! ¡Galicia frolida! Cal ela ningunha, de froles cuberta, cuberta de espumas. De espumas que o mare con pelras gomita; de froles que nacen ó pe das fontiñas. De valles tan fondos, tan verdes, tan frescos, que as penas se calman nomáis que con velos. Que os ánxeles neles dormidos se quedan, xa en forma de pombas, xa en forma de niebras. IV Cantarte hei, Galicia, teus dulces cantares, que así mo pediron na beira do mare. Cantarte hei, Galicia, na lengua gallega, consolo dos males, alivio das penas. Mimosa, soave, sentida, queixosa, encanta si ríe, conmove si chora. Cal ela ningunha tan dose que cante soidades amargas, sospiros amantes, misterios da tarde, murmuxos da noite: cantarte hei, Galicia, na beira das fontes. Que así mo pediron, que así mo mandaron, que cante e que cante na lengua que eu falo. Que asi mo mandaron, que así mo dixeron... Xa canto, meniñas. Coidá, que comenzo. Con dulce alegría, con brando compás, ó pe das ondiñas que veñen e van. Dios santo premita que aquestes cantares de alivio vos sirvan nos vosos pesares; de amabre consolo, de soave contento cal fartan de dichas compridos deseios. De noite, de día, na aurora, na sera, oirésme cantando por montes e veigas. Quen queira me chame, quen queira me obriga; cantar, cantaréille de noite e de día. Por darlle contento, por darlle consolo, trocando en sonrisas queixiñas e choros. Buscáime, rapazas, velliñas, mociños. Buscáime antre os robres. Buscáime antre os millos, nas portas dos ricos, nas portas dos probes, que aquestes cantares a todos responden. A todos, que á Virxen axuda pedín, porque vos console no voso sufrir; nos vosos tormentos, nos vosos pesares. Coidá, que comenso... Meniñas, ¡Dios diante! 2 Nasin cando as prantas nasen, no mes das froles nasín, nunha alborada mainiña, nunha alborada de abril. Por eso me chaman Rosa, mais a do triste sorrir, con espiñas para todos, sin ningunha para ti. Desque te quixen, ingrato, todo acabóu para min, que eras ti para min todo, miña groria e meu vivir. j,De qué, pois, te queixas, Mauro? ¿De qué, pois, te queixas, di, cando sabes que morrera por te contemplar felís? Duro cravo me encravaches con ese teu maldesir, con ese teu pedir tolo que non sei qué quer de pois dinche canto dar puden avariciosa de ti. O meu corasón che mando cunha chave para o abrir. Nin eu teño máis que darche, nin ti máis que me pedir. 3 - Dios bendiga todo, nena; rapaza, Dios te bendiga, xa que te dou tan grasiosa, xa que te dou tan feitiña que, anque andiven moitas terras, que, anque andiven moitas vilas, coma ti non vin ningunha tan redonda e tan bonita. ¡Ben haia quen te paríu! ;Ben haia, amén, quen te cría! - Dios vos garde, miña vella; gárdevos Santa Mariña, que, abofé, sos falangueira, falangueira e ben cumprida. - Meniña, por ben falada ningunha se perdería. Cóllense antre os paxariños aqueles que mellor trían. Morre afogado antre as pallas o pitiño que non chía. - Pois si vós foras pitiño, dígovos, miña velliña, que dese mal non morreras; que chiar, ben chiarías. - ¡Ai! ¡Qué, sinón, de min miña filla, miña filla! Sin agarimo no mundo desde que nasín orfiña, de porta en porta pedindo tiven que pasar a vida. E cando a vida se pasa cal vida de pelegrina, que busca pelegrinando o pan de tódolos días, de cote en lares alleos, de cote en estrañas vilas, hai que deprender estonces, por non morrer, coitadiña, ó pe dun valo tumbada e de todos esquencida, o chío dos paxariños, o recramo das pombiñas, o ben falar que comprase, a homildá mansa que obriga. - ;Moito sabés, miña vella, moito de sabiduría! ;Quén poidera correr mundo por ser como vós sabida! Que anque traballos se pasen aló polas lonxes vilas, tamén ¡qué cousas se saben!, tamén, ¡qué cousas se miran! - Máis val que n'as mires que estonces te perderías: ¡o que ó sol mirar precura logo quedará sin vista! - Dirés verdá, miña vella; mais craras as vosas nifias emprestóuvos hastra agora groriosa Santa Lucía. - Moita devosón lle teño, ¡miña santiña bendita! ; mais non sempre as niñas craras son proba de craras vistas. Moitas eu vin como a augua que corre antre as penas frías gorgorexando de paso, sereniña, sereniña, que antre tiniebras pousaban, que antre tiniebras vivían, nas tiniebras dos pecados que son as máis escondidas. - Si de pecados falades, é pan que onde queira espiga, en tódalas partes crese, en todas partes se cría; mais uns son cor de veneno, outros de sangre runxida, outros, como a noite negros, medran cas lurpias dañinas que os paren entre ouro e arrolados pola envidia, mantidos pola luxuria, mimados pola cobiza. - Quen ben está, ben estea. Déixate estar, miña filla, nin precures correr mundo, nin tampouco lonxes vilas, que o mundo dá malos pagos a quen lle dá prendas finas, e nas vilas mal fixeras que aquí facer non farías; que, anque ese pan barolento en todas partes espiga, nunhas apoucado crese, noutras medra que adimira. - Falás como un abogado e calquera pensaría que deprendestes nos libros tan váreas palabrerías, todiñas tan ben faladas, todiñas tan entendidas. E tal medo me puñeches, que xa de aquí non saíra sin levar santos escritos e medalliñas benditas nun lado do meu xustillo, xunto dunha negra figa, que me librasen das meigas e máis das lurpias dañinas. - Que te libren de ti pídelle a Dios, rapariga, que somos nós para nós as lurpias máis enemigas. Mais xa ven a noite vindo co seu manto de estreliñas; xa recolleron o gando que pastaba na curtiña; xa lonxe as campanas tocan, tocan as Ave-Marías; cada conexo ó seu tobo, lixeiro, lixeiro tira, que é mal compañeiro a noite si a compañeiro se obriga. Mas, ¡ai!, que eu non teño nin burata conocida, nin tellado que me cruba dos ventos da noite fría. ¡Qué vida a dos probes, nena! ¡Qué vida! ~Qué amarga vida! Mais Noso Señor foi probe. ¡Que esto de alivio nos sirva! - Amén, miña vella, amén; mais, polas almas benditas, hoxe dormirés nun leito feito de palliña triga, xunta do lar que vos quente ca borralliña encendida, e comerés un caldiño con patacas e nabizas. - ¡Bendito sea Dios, bendito! ¡Bendita a Virxe María, que con tanto ben me acode por unha man compasiva! O Señor che dé fortuna con moitos anos de vida. ¡Vólvanseche as tellas de ouro, as pedras de prata fina, e cada gran seu diamante che se volva cada día! I agora, miña rapaza, porque un pouco te adivirtas bailando cas compañeiras que garulan na cociña, heiche de contar historias, heiche de cantar copriñas, heiche de tocar as cunchas, miña carrapucheiriña. 4 - Cantan os galos pra o día érguete, meu ben, e vaite. - ¿Cómo me hei de ir, cómo me hei de ir e deixarte? - Deses teus olliños negros como doas relumbrantes, hastra as nosas maus unidas as bágoas ardentes caen. ¿Cómo me hei de ir si ¿Cómo me hei de ir e si ca lengua me desbotas e co corasón me atraes? Nun corruncho do teu leito cariñosa me abrigaches; co teu manso caloriño os fríos pes me quentastes; e de aquí xuntos miramos por antre o verde ramaxe cál iba correndo a lúa por enriba dos pinares. ¿Cómo queres que te deixe? ¿Cómo, que de ti me aparte si máis que a mel eres e máis que as froles soave? - Meiguiño, meiguiño, meigo, meigo que me namoraste, vaite de onda min, meiguiño, antes que o sol se levante. - Ainda dorme, queridiña, antre as ondiñas do mare; dorme porque me acariñes e porque amante me chames, que s6lo onda ti, meniña, podo contento folgare. - Xa cantan os paxariños. Érguete, meu ben, que é tarde. - Deixa que canten, Marica; Marica, deixa que canten... Si ti sintes que me vaia, eu relouco por quedarme. - Conmigo, meu queridiño, mitá da noite pasaches. - Mais en tanto ti dormías, contentéime con mirarte, que así, sorrindo entre soños coidaba que eras un ánxel, e non con tanta purea e non con tanta pureza ó pe dun ánxel velase. - Así te quero, meu ben, como un santo dos altares; mais fuxe..., que o sol dourado por riba dos montes saie. - Iréi; mais dame un biquiño antes que de ti me aparte, que eses labiños de rosa inda non sei cómo saben. - Con mil amores cho dera; mais teño que cofesarme, e moita vergonza fora ter un pecado tan grande. - Pois confésate, Marica, que, cando casar nos casen, non che han de valer, meniña, nin confesores nin frades. ¡Adiós, cariña de rosa! - ¡Raparigo, Dios te garde! 5 Miña Santiña, miña Santasa, miña cariña de calabasa: hei de emprestarvos os meus pendentes, hei de emprestarvos o meu collar; hei de emprestarcho, cara bonita, si me deprendes a puntear. - Costureiriña comprimenteira, sacha no campo, malla na eira, lava no río, vai apañar toxiños secos antre o pinar. Así a meniña traballadora os punteados deprende hora. - Miña Santiña, mal me quixere quen me aconsella que tal fixere. Mans de señora, mans fidalgueiras teñen todiñas as costureiras; boca de reina, corpo de dama, cómprelle a seda, foxen da lama. - ;Ai, rapaciña! ti telo teo: ¡sedas as que dormen antre o centeo! Fuxir da lama quen nacéu nela! Dios cho perdone, probe Manuela. Lama con honra non mancha nada, nin seda limpa honra emporcada. - Santa Santasa, non sos comprida, deeindo cousas que fan ferida. Faláime sólo das muineiras, daquelas voltas revirandeiras, daqueles puntos que fan agora de afora adentro, de adentro afora. - Costureiriña do carballal, colle unha agulla, colle un dedal; cose os buratos dese teu cós, que andar rachada non manda Dios. Cose, meniña, tantos furados i hora non penses nos punteados. - Miña Santasa, miña Santiña, nin teño agulla, nin teño liña, nin dedal teño, que aló na feira roubóumo un majo da faltriqueira, decindo: As perdas dos descoidados fan o lotiño dos apañados. - ¡Costureiriña que a majos trata! Alma de cobre, collar de prata. Mocidá rindo, vellez chorando... Anda, meniña, coida do gando. Coida das herbas do teu herbal: terás agulla, terás dedal. - Deixade as herbas, que o que eu quería era ir cal todas á romeria. ¡I alí con aire dar cada volta! Os ollos baixos, a perna solta. Pes lixeiriños, corpo direito. ¡Pero, Santiña..., non lle dou xeito! Non vos metades pedricadora ; bailadoriña facéme agora. Vós dende arriba andá correndo; facede os puntos, i eu adeprendo. Andá, que peno polos penares... Mirái que o pido chorando a mares. - ¡Ai da meniña! ¡Ai da que chora, ai, porque quere ser bailadora! Que cando durma no camposanto, os enemigos faránlle espanto, bailando enriba, das herbas mudas, ó son da negra gaita de Xudas. I aquel corpiño que noutros días tanto truara nas romerías, ó son dos ventos máis desatados rolará logo cos condenados. Costureiriña, n'hei de ser, n'hei, quen che deprenda tan mala lei. - ¡Ai, qué Santasa! ¡Ai, qué Santona! Ollos de meiga, cara de mona, pór n'hei de porche os meus pendentes, pór n'hei de pórche o meu collar, xa que non queres, xa que non sabes adeprenderme a puntear. 6 Nosa Señora da Barca ten o tellado de pedra; ben o pudera ter de ouro miña Virxe si quixera. I ¡Cánta xente..., cánta xente por campiñas e por veigas! ¡Cánta polo mar abaixo ven camiño da ribeira! ~Qué lanchas tan ben portadas con aparellos de festa! ~Qué botes tan feituquiños con tan feituquiñas velas! Todos cargadiños veñen de xentiña forasteira e de rapazas bonitas cura de tódalas penas. ¡Cántos dengues encarnados! ¡Cántas sintas amarelas! ¡Cántas cofias pranchadiñas dende lonxe relumbrean cal si fosen neve pura, cal froles da primadera! ~Cánta maxesa nos homes! ¡Cánta brancura nas nenas! I eles semellan gallardos pinos que os montes ourean, i elas cogolliños novos co orballo da mañán fresca. As de Muros, tan finiñas que un coidara que se creban, c'aquelas caras de virxe, c'aqueles ollos de almendra, c'aqueles cabelos longos xuntados en longas trenzas, c'aqueles cores rousados cal si a aurora llos puñera, pois así son de soaves como a aurora que comenza; descendentes das airosas fillas da pagana Grecia, elas de negro se visten, delgadiñas e lixeiras, refaixo e mantelo negro, zapato e media de seda, negra chaqueta de raso, mantilla da mesma peza, con terciopelo adornado canto enriba de sí levan ; fillas de reinas parecen, griegas estatuas semellan si a un raio de sol repousadas se contempran; ricos panos de Manila, brancos e cor de sireixa, crúzanse sobre o seu seio con pudorosa modestia, e por antre eles relosen como brillantes estrelas, aderesos e collares de diamantes e de pelras, pendentes de filigrana e pechuguiñas de cera. As de Camariñas visten cal rapaciñas gaiteiras, saias de vivos colores polo pescozo da perna, lucindo o negro zapato enriba de branca media; chambras feitas de mil raias azuladas e bermellas, con guarniciós que lles caen sobre a rumbosa cadeira. Para tocar o pandeiro non hai coma tales nenas, que son as camariñanas feitas de sal e canela. As de Cé, ¡Virxe do Carme!, ¡qué cariñas tan ben feitas! Cando están coloradiñas no ruxe-ruxe da festa, cada mirar dos seus ollos fire como cen saetas. Nin hai mans tan ben cortadas, tan branquiñas e pequenas como as que amostran finxindo que non queren que llas vexan. Son as de Laxe unhas mozas... ¡Vaia unhas mozas aquélas! Sólo con velas de lonxe quítaselles a monteira, porque son vivas de xenio, anque son rapazas netas. Bailadoras... n'hai ningunhas que con elas se entrometan, pois por bailar bailarían no cribo dunha peneira; mais, en toncando a que recen, en rezar son as pirmeiras... Dan ó mundo o que é dan á igrexa o que é As de Noia ben se axuntan cas graciosas rianxeiras, polos redondos peiños, polas cabeleiras creehas, polos morenos lunares e polas agudas lenguas, que abofé que en todo pican como si fosen pementa. Veñen dempóis, recatadas anque un pouquiño soberbias por aquelo que elas saben de antigüedade e nobresa (pois por acó todos somos tal coma Dios nos fixera), as meniñas ben compostas dunha vila quisquilleira, que por onde van parece que van dicindo ¡Canela! ¿Prantamos ou non prantamos a cantas hai nesta terra? Mais si prantan ou non prantan non son eu quen o dixera, que fora pouca cordura, que fora farta llanesa. Baste desir que, xuntiñas todas na porta da igrexa, máis bonitas parecían que un ramiño de asucenas, máis frescas que unha leituga, máis sabrosiñas que fresas. Xa que fosen de Rianxo, que fosen de Rendodela, de Camariñas ou Laxe, de Laxe ou de Pontareas, todas eran tan bonitas, todas tan bonitas eran que o de máis duras entrañas dera as entrañas por elas... Por eso se derretían, cal si foran de manteiga, diante delas os rapaces, os rapaciños da festa, os mariñeiros do mare que donde á Virxe viñeran porque a Virxen os salvara de naufragar na tormenta. Mais si salvaron no mare non se salvarán na terra, mariñeiros, mariñeiros, que aquí tamén hai tormentas que afogan corasonciños sin que lle vallan ofertas, que oie a Virxe ós que do mar antre as ondas feras, mais non oie ós namorados que de afogarse se alegran. II Ramos de froles parece Muxía a das altas penas con tanta rosa espallada naquela branca ribeira, con tanto caraveliño que relose antre as areas, con tanta xente que corre, que corre e se sarandea ó son das gaitas que tocan e das bombas que reventan, uns que venden limoada, outros augua que refresca, aquéles dulce resolio con rosquilliñas de almendra; os de máis alá sandías con sabrosas sirigüelas, mentras tanto que algún cego ó son de alegre pandeira, toca un carto de guitarra para que bailen as nenas. ¡Bendita a Virxe da Barca! ¡Bendita por sempre sea miña Virxe milagrosa en quen tantos se recrean! Todos van por visitala, todos alí van por vela na súa barca dourada, na súa barca pequena, donde están dous anxeliños, dous anxeliños que reman. Alí chegóu milagrosa nunha embarcasón de pedra. Alí, porque Dios o quixo, sempre adoradores teña. A pedra, bala que bala, sírvelle de centinela e mentras dormen os homes ela adorasón lle presta con aquel son campanudo que escoitar lonxe se deixa e a quen o mar con humildosos lle contesta. Cando as campanas repican e a música retumbea, cal nun ceo, polas naves da recollidiña igrexa; cando os foguetes estalan nos aires, e voces frescas polo espaso cas gaitiñas e cos tambores se mescran, estonces a pedra bala tan alegre e tan contenta que anque un cento de presoas brinca e salta enriba dela, coma si fose mociña, máis que unha pruma lixeira, alegre como unhas pascuas salta e rebrinca con elas. Choven estonces presentes, choven estonces ofertas que lle traen os romeiros en feitiñas carabelas diante da Virxe bendita, ós pes da sagrada Reina, e por eso alí lle cantan cando se despiden dela: Nosa Señora da Barca ten o tellado de pedra ben o pudera ter de ouro miña Virxe si quixera. Cantares Gallegos 3 Cantares Gallegos de Rosalía de Castro 13 San Antonio bendito, dádeme un home, anque me mate, anque me esfole. Meu santo San Antonio, daime un homiño, anque o tamaño teña dun gran de millo. Daimo, meu santo, anque os pes teña coxos, mancos os brazos. Unha muller sin home... ¡santo bendito!, é corpiño sin alma, festa sin trigo, pau viradoiro que onda queira que vaia troncho que troncho. Mais, en tendo un homiño, ¡Virxe do Carme!, non hai mundo que chegue para un folgarse. Que, zambo ou trenco, sempre é bo ter un home para un remedio. Eu sei dun que cobisa causa miralo, lanzaliño de corpo, roxo e encarnado. Carniñas de manteiga, e palabras tan doces cal mentireiras. Por el peno de día, de noite peno, pensando nos seus ollos color de ceo; mais el, xa doito, de amoriños entende, de casar pouco. Facé, meu San Antonio, que onda min veña para casar conmigo, nena solteira que levo en dote unha culler de ferro, catro de boxe, un irmanciño novo que xa ten dentes, unha vaquiña vella que non dá leite... ;Ai, meu santiño! : facé que tal suceda cal volo pido. San Antonio bendito, dádeme un home, anque me mate, anque me esfole, que, zambo ou trenco, sempre é bo ter un home para un remedio. 14 Acolá enriba na fresca montaña, que alegre se crobe de verde retama, meniña morena, de branco vestida, nubiña parece no monte perdida, que xira, que corre, que torna, que pasa, que rola e, mainiña, serena se para. Xa envolta se mira na espuma que salta do chorro que ferve na rouca cascada. Xa erguida na punta de pena sombrisa, inmoble cal virxe de pedra se mira. A cofia de liño aos ventos soltada, as trenzas descoida que os aires espallan. Tendídalas puntas do pano de seda, as alas dun ánxel de lonxe semellan si as brisas da tarde, xogando con elas, as moven ca gracia que un ánxel tivera. Eu penso, ¡coitado de min!, que me chaman, si as vexo bulindo na verde enramada. Mas, ¡ai!, que os meus ollos me engañan traidores, pois vou e, lixeira, na niebra se esconde. Se esconde outras veces na sombra dos pinos, e canta escondida cantares dulciños que abrasan, que firen ferida de amor que teño feitiña no meu corazón. ¡Qué feita, qué linda, qué fresca, qué branca dou Dios á meniña da verde montaña! ¡Qué hermosa parece que chore, que xima; cantando, sorrindo, disperta, dormida! ¡Ai!, si seu pai por regalo ma dera, ¡ai!, non sentira no mundo máis penas. ¡Ai!, que por tela conmigo por dama, eu lla vestira, eu lla calzara. 15 Adiós, ríos; adiós, fontes; adiós, regatos pequenos; adiós, vista dos meus ollos: non sei cándo nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criéi, hortiña que quero tanto figueiriñas que prantéi, prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento, muíño dos eastañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras da igrexiña do lugar, amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu camiñiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós, groria! ¡Adiós, contento! ¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conoso por un mundo que non vin! Deixo amigos por estraños, deixo a veiga polo mar, deixo, en fin, canto ben quero... ¡Quén pudera no o deixar...! Mais son probe e, ¡mal pecado!, a miña terra n'é miña, que hastra lle dan de prestado a beira por que camiña ó que nacéu desdichado. Téñovos, pois, que deixar, hortiña que tanto améi, fogueiriña do meu lar, arboriños que prantéi, fontiña do cabañar. Adiós, adiós, que me vou, herbiñas do camposanto donde meu pai se enterróu, herbiñas que biquéi tanto, terriña que vos crióu. Adiós, Virxe da Asunción, branca como un serafín: lévovos no corasón; pedidelle a Dios por min, miña Virxe da Asuneión. Xa se oien lonxe, moi lonxe, as campanas do Pomar ; para min, ¡ai!, coitadiño, nunca máis han de tocar. Xa se oien lonxe, máis lonxe... Cada balada é un dolor; voume soio, sin arrimo... Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós! ¡Adiós tamén, queridiña... ! ¡Adiós por sempre quizáis...! Dígoche este adiós chorando desde a beiriña do mar. Non me olvides, queridiña, si morro de soidás tantas légoas mar adentro... ¡Miña casiña!, ¡meu lar! 16 Eu ben vin estar o moucho enriba daquel penedo. ¡Non che teño medo, moucho; moucho, non che teño medo! I Unha noite, noite negra como os pesares que eu teño, noite filla das sombrisas alas que estenden os medos; hora en que cantan os galos, hora en que xemen os ventos; en que as meigas bailan, bailan, xuntas co demo pirmeiro, arrincando verdes robres, portas e tellas fendendo, todas de branco vestidas, tendídolos brancos pelos contra quen os cans oubean agoirando triste enterro; cando relumbrar se miran antre os toxales espesos, cal encendidas candeas ollos de lobo famento ; e os ramallaxes dos montes antre sí murmuxan quedos, e as follas secas que espallan os aires da noite inquietos, en remuíños se xuntan con longo estremecemento, indo camiño da igrexa, soia cos meus pensamentos cabo da fonte da Virxe, pretiño do cimeterio, dempóis de sentir un sopro que me deixóu sin alento, eu ben vin estar o moucho enriba daquel penedo. II Arrepuiñadas todas as carnes se me puñeron, e os cabelos no curuto fóronse erguendo direitos; gotas de sudor corrían a fío polo meu peito, e trembaba eomo tremban as auguas cando fai vento, na pía da fonte nova, que sempre está revertendo. Aquel moucho alí fincado, cal si fose o mesmo demo, fito a fito me miraba cos seus ollos rapiñeiros, que coidéi que me roubaban non máis que de lonxe velos. De lume me paresían e que me queimaron penso; penso que eran tizós roxos da fogueira dos infernos, que polas niñas me entraron hastra o corazón dereitos. En el remorsos había de amoriños pecadentos... ¡Ai, quen ten deses amores, nono pode achar bon sosiego! Chovía si Dios ten augua, ventaba en tódolos ventos, e ensarrapicada toda a camiñar non me atrevo; que o moucho, fita que fita, me aspera naquel penedo; mais acordéime da Virxe que sempre conmigo levo; résolle un Ave-María, e cobrando novo alento, como os páxaros do mare, nadando paso o regueiro, corro a enriba do valado, brinco en baixo do portelo, e dende alí berro estonces con cantas forzas eu teño: ¡Non che teño medo, moucho; moucho, non che teño medo! 17 Airiños, airiños aires, airiños da miña terra; airiños, airiños aires, airiños, leváime a ela. Sin ela vivir non podo, non podo vivir contenta; que adonde queira que vaia, cróbeme unha sombra espesa. Cróbeme unha espesa nube, tal preñada de tormentas, tal de soidás preñada, que a miña vida envenena. Leváime, leváime, airiños, como unha folliña seca, que seca tamén me puxo a callentura que queima. ¡Ai!, si non me levás pronto, airiños da miña terra; si non me levás, airiños, quisáis xa non me conesan, que a frebe que de min vaime consumindo lenta, e no meu corazonciño tamén traidora se ceiba. Fun noutro tempo encarnada como a color de sireixa; son hoxe descolorida como os cirios das igrexas, cal si unha meiga chuchona a miña sangre bebera. Voume quedando muchiña como unha rosa que inverna; voume sin forzas quedando, voume quedando morena, cal unha mouriña moura, filla de moura ralea. Leváime, leváime, airiños, leváime a donde me esperan unha nai que por min chora, un pai que sin min n'alenta, un irmán por quen daría a sangre das miñas venas, e un amoriño a quen alma e vida lle prometera. Si pronto non me levades, ¡ai!, morreréi de tristeza, soia nunha terra estraña, donde estraña me alomean, donde todo canto miro todo me dice: ¡Estranxeira! ¡Ai, miña probe casiña! ¡Ai, miña vaca bermella! Años que balás nos montes, pombas que arrulás nas eiras, mozos que atruxás bailando, redobre das castañetas, xas-co-ras-chás das cunchiñas, xurre-xurre das pandeiras, tambor do tamborileiro, gaitiña, gaita gallega, xa non me alegrás dicindo: ¡Muiñeira, muiñeira! ¡Ai, quén fora paxariño de leves alas lixeiras! ;Ai, con qué prisa voara, toliña de tan contenta, para cantar a alborada nos campos da miña terra! Agora mesmo partira, partira como unha frecha, sin medo ás sombras da noite, sin medo da noite negra; e que chovera ou ventara, e que ventara ou chovera, voaría e voaría hastra que alcansase a vela. Pero non son paxariño e iréi morrendo de pena, xa en lágrimas convertida, xa en sospiriños desfeita. Doces galleguiños aires, quitadoiriños de penas, encantadores das auguas, amantes das arboredas, música das verdes canas do millo das nosas veigas, alegres compañeiriños, run-run de tódalas festas, leváime nas vosas alas como unha folliña seca. Non permitás que aquí morra, airiños da miña terra, que aínda penso que de morta hei de sospirar por ela. Aínda penso, airiños aires, que dimpóis que morta sea, e aló polo camposanto donde enterrada me teñan, pasés na calada noite runxindo antre a folla seca, ou murmuxando medrosos antre as brancas calaveras; inda dimpóis de mortiña, airiños da miña terra, heivos de berrar: ¡Airiños, airiños, leváime a ela! 18 AO SR. D. CAMILO ALVAREZ E Chantre da catedral de Salamanca I Roxiña cal sol dourado, garrida cal fresca rosa, iba polo monte hermosa co branco pe descalzado... Copo de neve pousado, deslumbrando á luz do día, tan branco pe parecía. As longas trenzas caídas, con quen os ventos xogaban, ondiñas de ouro formaban na branca espalda tendidas; apertadas e bruñidas, que espigas eran coidara o que de lonxe as mirara. Tiñan os cores do mare os seus olliños dormentes; máis doces, máis transparentes naide os poidera encontrare; naide velos, sin amare o corasón sin falsía que por antre eles se vía. Levaba na frente a ialma, nos doces labios a risa; auguiña que o vento enrisa, pousaba no fondo en calma. Tal como gallarda palma, cimbréase con folgura a delgadiña cintura. Ó par da brisa temprada que antre os salgueiros corría, ela correndo seguía unha beiriña encantada; que alí mansa e sosegada manaba unha fresca fonte cabo da falda do monte. II Franca, pura, sin enganos, canta, canta, garruleira, ó pe da verde silveira lavando os seus brancos panos. Ó son dos romores vanos que nacen ca mañanciña, lava, lava na fontiña. Xunto dela, os paxariños gorgorexan que é un contento; faille festiñas o vento cos seus irmáns os airiños. Os pastores, coitadiños, cántanlle o doce a... la... la... que lengua de amores fala. Ela honesta está escoitando, mais con sospiros responde, que aló garda non sei dónde saudades de non sei cándo. Os paniños vai lavando, e a tendelos se apresura nun campiño de verdura. Dempóis, no rego que pasa, verte unha bágoa serena, filla da escondida pena que o seu peitiño traspasa. Pois que de amores se abrasa aquela que é fresca rosa, tan amante como hermosa. Compañeiras van chegando, cál máis a máis ben portada; xarros de louza vidrada antre os seixos van pousando. Cai a auguiña mormuxando, brancas vinchas se levantan, as meniñas cantan..., cantan. As estrelas van fuxindo, a espesa niebra enrarece, o arboriño que frorece por antre ela vai saíndo. O craro sol vai subindo por riba do firmamento, limpo, garrulo e contento. Arredor todo arrescende a olido de primadera, i aló na azulada esfera fogax de groria se encende; mais a meniña n'atende si non ao dor, ¡mal pecado!, que ten no peito encravado. Danlle estrañeza os cantares, danlle de chorar deseios, i, os ollos de bágoas cheios, pensa nos nativos lares. Que n'hai máis tristes pesares, máis negra malencolía que a que entre estraños se Paxariños, verde prado, branca lúa e sol ardente, todo consolo é impotente en mal tan desconsolado; todo contento é trubado pola peniña sin fondo que hai no corasón abondo. Por eso a meniña hermosa, foxe da alegre fontiña, tal como triste ovelliña que trema de dor queixosa. Vai sentida, vai chorosa, mentras lle cantan con saña: ;Da montaña!, ¡da montaña! I ela, que de tal se ferida no que máis sinte, que a maltraten non consinte, i así lles contesta huraña: - Anque che son da montaña, anque che son montañesa, anque che son, non me pesa. Cantares Gallegos 4 Cantares Gallegos de Rosalía de Castro 19 Pasa, río, pasa, río, co teu maino rebulir; pasa, pasa antre as froliñas color de ouro e de marfil, a quen cos teus doces labios tan doces cousas lle dis. Pasa, pasa, mais non vexan que te vas ao mar sin porque estonces, ¡ai, probiñas, cánto ehoraran por ti! ¡Si souperas qué estrañesa, si souperas qué sofrir desque del vivo apartada o meu corasón sentíu! Tal me acoden as soidades, tal me queren afrixir, que inda máis feras me afogan, si as quero botar de min. I ¡ai, qué fora das froliñas véndote lonxe de sí ir pola verde ribeira, da ribeira do Carril! Pasa, pasa caladiño, co teu manso rebulir, camiño do mar salado, camiño do mar sin fin; e leva estas lagrimiñas, si has de chegar por alí, pretiño dos meus amores, pretiño do meu vivir. ¡Ai, quén lagrimiña fora pra ir, meu ben, unda ti...'. ¡Quén fixera un camiñiño para pasar, ai de min! Si o mar tivera barandas, fórate ver ao Brasil; mais o mar non ten barandas, amor meu, ¿por dónde hei de 20 Ora, meu meniño, ora, ¿quén vos ha de dar a si túa nai vai no muíño, e teu pai na leña seca? Eu cha dera, miña xoia, con mil amores cha dera, hastra rebotar, meu santo, hastra que máis non quixeras, hastra verte dormidiño con esa boca tan feita, sorrindo todo fartiño, eal ubre de vaca cheia. Mais ¡ai, qué noite che agarda! Mais ¡ai, qué noite che espera! Que anque dúas fontes teño, estas fontiñas non deitan. Ora, meu meniño, ora, ¡eánto chorarás por ela! Sin ter con qué te acalente, sin ter con qué te adormesa, que soio, soio quedaches como unha ovelliña enferma, tremando, malpocadiño, como as ovelliñas treman. Sin cobirtor que te cruba nunhas palliñas te deitan e neve e chuvia en ti por antre as fendidas tellas. E silba o vento que pasa polas mal xuntadas pedras, e cal coitelo afilado no teu corpiño se ceiba. ¡Ai!, cando veña túa nai, ¡ai!, cando che a túa nai cál te topará, meniño, frío como a neve mesma, para chorar sin alento, rosiña que os ventos creban...! ¡Ai, máis valera, meniño, que quen te dou non te Que os fillos dos probes nacen, nacen para tales penas. Así se espricaba Rosa no medio da noite negra, ó pe dunha negra porta, toda de lañas cuberta. Mentras tanto murmuxaban por antre a robreda espesa do río as revoltas ágoas e os berridos da tormenta. Todo era sombras no ceo, todo era loito na terra, e parece que a Compaña bailaba antre as arboredas cas chuchonas enemigas, e cas estricadas meigas. En tanto un choro soave sentir no espaso se deixa, tal como gaita tocada nunha alborada serena; tal como lexana frauta cando o sol no mar se cuio son nos trai o vento cos cheiriños da ribeira. No meio da chouza escura que triste Rosa contempra, unha luz branca se mira como aurora que comensa. Olido de frescas rosas os aires da noite incensan, cal si todas se xuntaran as froles da primadera. Soan cantares estraños, soan músicas que alegran; músicas son e cantares nunca sentidos na terra; por eso, pasmada, Rosa pouquiño a pouco se achega e por unha regandixa postrada no chan axexa. Nunca humanos ollos viron o que veu estonces ela, que si non morréu estonces foi porque Dios n'o quixera: de resplandecente groria raios de amor se refrexan do abandonado meniño, sobre a dourada cabesa; e porque esté máis contento, e porque máis se entreteña, cabe os seus peíños crecen frescos ramos de azuzenas. Xa non dorme en probe cuna, que outro berce lle fixeran cas alas os anxeliños e co seu lume as estrellas. Nubes de color de rosa fanlle branda cabeceira, sírvelle de cubertura un raio de luna cheia, i a Virxen santa, vestida con vestido de inocencia, porque de fame non morra e fartiño se adormesa, dálle maná do seu peito con que os seus labios refresca. Mentras o mundo esistise, Rosa mirando estivera, con tanta groria encantada, con tanta dicha suspensa. Mais unha voz lonxe se oie por antre os olmos da veiga, que cantando amorosiña se esprica desta maneira: - Ora, meu meniño, ora, logo che daréi a teta; ora, meu meniño, ora, xa non chorarás por ela. Esto cantaron. En tanto, coa Virxe despareceran os anxeliños, deixando en derredor noite espesa. Xa se sinten as pasadas por xunto da corredeira; xa saltaron o portelo, xa cerraron a cancela... A probe nai corre, corre, que o seu filliño lle espera; mais, cando chega, dormido o seu filliño contempra. Dille estonces, mentras tanto que en bicalo se recrea: - Miña xoia, miña xoia, miña prenda, miña prenda, ¿qué fora de ti, meu santo, si naiciña non tiveras? ¿Quén, meu fillo, te limpara; quén a mantensa che dera? - O que mantén ás formigas e ós paxariños sustenta. Dixo Rosa, i escondéuse por antre a nebrina espesa. 21 Non che digo nada... Pero ¡vaia! I Pasan naquesta vida cousiñas tan estrañas, tan raros feitos vense neste mundo de trampa; tantos milagres vellos, tan novas insinanzas, e tan revoltosos allos con nome de ensaladas, que non che digo nada... Pero ¡vaia! Meniña ben vestida, meniña ben calzada, que ten roupa de cote, que ten roupa de garda; meniña que ben folga, meniña que anda maja, i é probe, malpecado, como unha triste araña, non che digo nada... Pero ¡vaia! Véxote aló antre os millos, véxote aló nas brañas, xa no pinar espeso, xa na beiriña mansa do río que correndo vai antre as verdes canas, e xuras que estás soia, que naide te acompaña... Non che digo nada... Pero ¡vaia! Casada casadiña, que gustas ser falada, que bailas cas solteiras nas festas e ruadas, que tes na boca a risa e que cos ollos falas, e que ao falar con eles parece que che saltan, non che digo nada... Pero ¡vaia! Cando mirar te miro, tan limpa e tan peinada, loitar cos rapaciños hastra que en ti se fartan, e ves dimpóis xurando que eres muller sin chata, e dis que as máis non contigo comparanza, non che digo nada... Pero ¡vaia! E ti, roxa roxiña, modesta e recatada que falas tan mainiño, que tan mainiño andas, que ós pes dos homes miras para non verlle a cara, e fas que non entendes cando de amor che falan, non che digo nada... Pero ¡vaia! Vas pola mañanciña a misa cas beatas; dempóis... (por qué, ti o sabes) de xunta delas largas; e si na corredoira, xunto da verde parra, non sei con qué xentiña, páraste ou non te paras, non che digo nada... Pero ¡vaia! E ti, rapás garrido, de tan melosas falas, tan majo de monteira, tan rico de polainas, tan fino de calzado como de mans fidalgas, cando me dis que gustas de traballar na braña, non che digo nada... Pero ¡vaia! Ti falarás de amores cousiñas ben faladas; ti loitarás cas nenas como ningún loitara; ti beberás do mosto hastra quedar sin fala; pero cos teus sudores mollar a terra ingrata... Non che digo nada... Pero ¡vaia! Mais tantas cousas vexo que me parecen trampa; tanto sol entre nubes, e tan revoltas auguas que asemellarse intentan a unha fontiña crara, que por non perder tempo donde non quito racha, non che digo nada... Pero ¡vaia! II Pasan naquesta vida cousiñas tan estrañas, tan raros feitos vense neste mundo de trampa ; tantos milagres vellos, tan novas insinanzas, e tan revoltos allos con nome de ensaladas, que non che digo nada... Pero ¡vaia! E que algo deprendera, triste de min coidaba; e que a esperencia neta ninguén me iba en puxanza por ter na frente enrugas e tener caniñas brancas, cando hai hoxe uns mociños mesmo dende que maman, que non che digo nada... Pero ¡vaia! Xa non che val, Farruco, que vivas en compaña dos anos pensadores nin da esperencia calva, nin que ollo alerta vivas como a cordura manda; que donde menos penses tamaña lebre salta que non che digo nada... Pero ¡vaia! Xa sendo noite oscura dinche que é noite crara; xa estando o mar sereno che din que fai borrasca; e tanto te confunden e tanto te acobardan, que anque falar quixeras tal coma Dios che manda, non che digo nada... Pero ¡vaia! Si eres francés, meu vello, si eres da lonxe Australia, si aló do sol baixaches ou das estrelas pálidas, con seria gravedade quisáis che perguntaran, e ti, pasmado todo, calado mormuraras: Non che digo nada... Pero ¡vaia! Por eso, meu velliño, si de estudiar non tratas a cencia destos tempos, que é como el augua crara, anque ca parromeira tamén ten comparanza, que nesto a cencia estriba, i en ter distintas caras, non che digo nada... Pero ¡vaia! Sin entender un ele, verás qué ben se amañan honrados e sin honra, rameiras e beatas; verás cómo se axuntan, verás cómo se tratan, mentras que ti marmuras ca lengua dunha coarta. Non che digo nada... Pero ¡vaia! Verás cor de sireixa quen foi cor de esmeralda, i aqueles tan azúes que sangre azul manaban, manar sangre bermella pola moderna usanza; i esto con tal chistura e con fachenda tanta, que non che digo nada... Pero ¡vaia! Verás qué revolturas, qué ricas contradanzas, qué gaitas con salterio, qué pífanos con arpas, qué dengues encarnados con mantilliñas brancas, chapurra que chapurra en confusión tan várea, que non che digo nada... Pero ¡vaia! Ti pensarás que aquesto é todo unha antroidada; que aquí un levita sobra i unha chaqueta falta; que alí se comen lebres en vez de calabazas, e tocan frautas donde deben tocar campanas... Máis non che digo nada... Pero ¡vaia! Deprende, meu velliño, a cencia ben amada, que saibamente insina tan rica misturanza, si queres ser sabido en cousas tan estrañas, pois antre tantas novas as costumiñas rancias... Non che digo nada... Pero ¡vaia! 22 Mais ó que ben quixo un si a querer ten afición, sempre lle queda unha mágoa dentro do seu corasón. I Aló nas tardes serenas, aló nas tardes caladas, fanse máis duras as penas que nas brandas alboradas. Aló nas tardes sombrisas, aló nas tardes escuras, fanse máis cortas as risas, máis negras as desventuras. Que non hai sera tranquila para quen remorosos garda, e máis presto se aniquila canto máis á noite agarda. II Eu ben sei destos secretos que se esconden nas entrañas, que rebolen sempre inquietos baixo mil formas estrañas. Eu ben sei destes tormentos que consomen e devoran, dos que fan xemer os ventos, dos que morden cando choran. I anque ora sorrindo canto, anque ora canto con brío, tanto choréi, choréi tanto como as auguiñas dun río. Tiven en pasados días fondas penas e pesares, e choréi bágoas tan frías como as aguiñas dos mares. Tiven tan fondos amores e tan fondas amarguras, que eran fonte de dolores nacida entre penas duras. III Ora río, ora contento vou polas eiras cantando, vendo de onda ven o vento cando vou levar o gando. Ora con grande sosiego durmo na beira das fontes, durmo na beira dos regos, durmo na punta dos montes. Mais ó que ben quixo un si a querer ten afición, sempre lle queda unha mágoa dentro do seu corasón. 23 Castellana de Castilla, tan bonita e tan fidalga, mais a quen para ser fera ca procedensia lle abasta. Desíme, miña señora, xa que os mostrás tan ingrata, si o meu rendimento homilde bascas de enoxo vos causa, pois cando onda vos me achego cuspís con ardentes ansias i ese mirar de pombiña volvés en fosca mirada, tornando en sombrisa noite o día que en sol se En vano intento, señora, saber por qué me maltrata dama dun alma tan nobre, aunque soberba por fama, pois n'é motivo a despreso sintirse tan ben amada, que as mesmas pedras, señora, dun bon querer se folgaran. Din que na nobre Castilla así ós gallegos se trata; mais debe saber Castilla, que de tan grande se alaba, que sempre a soberbia torpe foi filla de almas bastardas; e sendo vós tan sabida, nunca de vólo pensara, que de tan alto baixando vos emporcases na lama; nin que chamándovos nobre, tanta nobreza enfousaras imitando ós que vaidosos no que está débil se ensañan. Pero máis val que enmudesa, pois tes condición de ingrata; que predicar en deserto da miña terra n'é usanza. Si fun curpabre en quereros coma ningún vos amara, por ser de terra gallega e serdes vós castellana, en paz, señora, vos deixo ca vosa soberba gracia, e voume á Galicia hermosa donde en xuntanza me agardan o que non tendes, señora, i o que en Castilla n'achara: campiños de lindas rosas, fontiñas de frescas auguas, sombra na beira dos ríos, sol nas alegres montañas, caras que nacen sorrindo e que sorrindo vos aman, e que inda mesmo morrendo en sonrisiñas se bañan. Alí, señora, contento cantando o doce ala lala, baixo a figueira frondosa, en baixo da verde parra, c'aquelas frescas meniñas que mel dos seus labios manan, cando en falar amoroso meigo nos din en voz maina con tódalas de Castilla nobrisimas castellanas olvidaréivos sin pena, anque sos vós tan fidalga. Que aló saben ser altivas, pero non saben ser vanas, i é fácil con doces tomas olvidar tomas amargas. Déchesmas vós, mi señora, con despreso envenenadas, inda con fero máis fero que pelica de laranxa; mais teño porque me pase aquel sarrapio que escalda, teño unha dama nos Portos, outra no Ribeiro de Avia; si a dos Portos é bonita, a do Ribeira lle gana. 24 Queridiña dos meus ollos, saberás como estóu vivo nesta vila donde adoito dende que cheguín de Xinzo. Saberás como a Dios gracias i ó escapulario bendito non afogamos no mare como coidaba Xacinto que é tan valente, abofellas, como os alentos dun pito. Saberás como dempóis me puñeron moi vestido con roupa azul e amarela cal andan tódolos quintos, e logo todos xuntados, inda máis de vintecinco, nos paseamos polas calles, que era mesmo un adimiro de tan majos como ibamos, de tan brancos e tan limpos. ¡Si me viras, queridina, cal outras que eu sei me Cada ollada me botaban xa de través, xa de fito... I eran meniñas graciosas con moita salsa no pico, mais ningunha deste peito poido arrincarme un sospiro, que o teu retrato alí estaba rabuñando paseniño, que anque de onda ti partín, prendiña que tanto estimo, non vin soio, miña xoia, que ti viñeche comigo. ¡Si souperas cánto peno, si souperas cál me afrixo cando me acordo nas noites daqueles teus cantariños...! Ora en ti penso disperto, ora en ti penso durmindo, e sempre en ti estóu pensando coma si foses feitiso. Seique meigallo me deche na festa do San Martiño, amasado cos teus dedos nunha bola de pan trigo. Mais non o sinto por eso, que anque me deras martirio, por vir de ti, queridiña, como un año recibírao. Nada me distrái, Rosina, da pena que por ti sinto; de día como de noite este meu corazonciho contigo decote fala, porque eu falar ben o sinto, un falar tan amoroso que me estremeso de oílo. ¡Ai!, qué estrañeza me causa e soidás e martirio, pois así cal el che fala, quixera falar contigo, cal outros tempos dichosos, dos nosos amores finos. ¡Cántas veces nos xuramos, cando lavabas no río ó pe dun alto salgueiro, antre risas e sospiros, xa nunca máis separarnos, xa nunca máis desunirnos! Mais aqueles xuramentos, tal como rosas de espiño, lixeiriños se espallaron a un sopro dos ventos fríos. Ora, co mar de por medio, adiós, amantes cariños! Nin ti me ves, nin te aló na beira do río, naquelas crariñas noites de folga polos domingos. As amoriñas maduran nas silveiras dos camiños, nasen as froriñas brancas por antre as canas do millo, o río pasa que pasa, cantan nas ponlas os xílgaros, todo está verde e frondoso, todo está fresco e frorido; sólo nós, Rosa, faltamos naqueles verdes campiños. Rosiña, dáme un consolo para este dolor que eu sinto. ¡Ai, que os recordos me matan! ¡Ai, que acabarán comigo! Di si inda me queres moito, mándamo a decir pretiño; dime si gárdalo pano que cbe din por San Benito, que o merquéi na quinta feira por doce cartos e pico. Dime tamén si deprendes pola cartilla de Cristus a ler como me ofreceches para ler os meus escritos, que en sabendo algunhas letras dempóis irás traducindo. Eu xa lle perdín o medo a escribiduras e libros pois fago uns palotes netos de que eu mesmo me adimiro, tan grandes como fungueiros e máis gordos, si non minto. Adiós, espresiós che mando polo burro de Camilo, que non sei cál che dirá estas cousas que lle esprico ; mais sabe, miña Rosiña, Rosiña de doce olido, que si ti xa ler souperas os palotes que eu escribo, escribírache unha carta nas alas dun paxariño. Cantares Gallegos 5 Cantares Gallegos de Rosalía de Castro 25 A Roberto Robert, redactore da Discusión, I Aló no currunchiño máis hermoso que a luz do sol na veiga frorida e prado deleitoso que aos campiños do Edén se aló onde o Sar soberbo e parece que se dorme ou que (tan maino corre antre a robreda ali nacéu Vidal o sin ventura. II ¡Qué reposo! ¡Qué luz...! ¡Qué garruleiro brando cantar dos váreos paxariños cando ó salir do sol polo douraba fontes, lagos e campiños! ¡Qué libre respirar...! ¡qué placenteiro ir e vir dos cabirtos xuntadiños! ¡Qué frescas, qué polidas, qué galanas iban co gando as feitas aldeanas! III Nunca o rumor do mundo corrompido, nunca da louca sociedá as vaidades, nin brillo dos honores fementido foran trubar tan doses soledades. Ceo azul, sol de amor, campo santa paz sin remorso nin saudades, horas que van mainiñas camiñando: t al alí tempo e vida iban IV ~Cómo o ventiño da mañán pirmeiro no seio das rosiñas se dormía, e cál dempóis toliño e rebuldeiro polo espaso inmensísimo subía, e volvendo a baixar murmuradeiro por enriba das chouzas rebulía, nas aliñas levando o fumo leve que en trubias ondas a subir V ¡E cómo ó mediodía, fasta o brisas, aires, pradiños e arborado pousaban calorosos e sin brio cal viaxeiro sedento e fatigado; e cómo da serán o alento de arrulos misteriosos impregnado, con pasiño lixeiro se achegaba i aire, río e floriñas axitaba! VI Pasiño a paso a traballada xente dos campos ás chousiñas se volvía, mentras no lar o pote sarpullente cas ricas berzas a cachón fervía. As fabas i as balocas xuntamente co touciño sabroso nel se vía en compaña amigable e farturenta que alegra, que convida e que VII Dempóis da frugal cea, ó cariñoso resplandor do luar claro e soave iban gozar ó enxido de reposo co abó, que a longa historia O rosario da Virxe proveitoso logo rezaban con asento grave, i alma e corpo tranquilo se esperando o folgor do novo día. VIII Todo era paz e amor i todo era craro azul no firmamento, nin houbo alí a soberba que nin vano goce, nin fatal tormento, nin louco rebuldar, nin fonda pena, nin baixo aborrecido pensamento, vidiña tan risoña atormentaba, pois dose e mainamente se folgaba. IX Naide naquel lugar probe se vira, que uns ben i outros non i un que afroxa de máis fóranse acomodando e repartindo. Ningún da negra fame a man o seu peito fortísimo oprimindo, nomáis que a desdichada criatura que se chamóu Vidal o sin X Orfo ende que nacera, a sorte déralle por herencia o desconsolo, coa negra soledá, que ó probe naide na terra se topóu tan de canto en polvo terrenal se inda correndo un polo i outro que era probe e dorido antre e afrixido antre os tristes afrixidos. XI Tiña por casa un cortelliño escuro, tiña por leito o chan humedecido, por cubirtor a neve e vento que entraba polas fendas arresido. Tiña o sustento escaso e mal que dan de porta en porta que asi lle din con bulra ó que por probe neste mundo XII En jamás o infeliz decir poidera ¡Esto que teño é meu!, que n'inda, por conceder, lle concedera un pouco de querer ou de nin un pouco de amor, que pobreza, e soledade e desventura, groria, dicha e querer correndo pasan i a entradiña da porta non XIII Sempre por dicha pra Vidal había caldo e máis pan n'algún lariño i a máis a caridá non que fora un mal matarlle outro Que si a cousas mellores se i outro váreo comer i outro traballo lle custara a bon seguro comer dempóis berciñas e pan duro. XIV Tal conta a xente corda se con parsimonia concensuda e grave, e refráns sabios con afán buscaba dos que din Nunca des do I o compango Vidal nunca probaba, porque era a sobriedá santa e según a xente de poder decía, anque ela ben folgaba e ben XV Cando dos porcos a matanza vina, ¡qué amabre chamuscar nas limpas eiras ó despertar da fresca mañanciña...! ¡Qué alegre fumo antre olmos e olendo a cocho polos aires viña! ;Qué arremangar das nenas mondongueiras! ¡Qué ir e vir dende o I aló no lar, ¡qué fogo! ¡qué rica e que ben feita XVI Fígado con cebola ben frixida i unha folliña de laurel cheirosa, que inda a un morto ben de tan rica, tan tenra e Raxo en sorsa cun cheiro que i a sangre das morcillas sustanciosa en fregada caldeira rebotando, a que fagan morcillas convidando. XVII Cuadro tan agradabre e farturento por toda a vecindá se repetía con garular, e risa, e gran que suceso tan grande o requería. Mais, por que lle sirvise de ólo na chouza de Vidal n'había nin porco, nin mondongo, nin fartura, que era todo nubrado e desventura. XVIII Nas frías pedras do seu lar tan váreo movemento contempraba de negra soledade acompañado: naide á festa do porco o Que era probe Vidal i era i a presensa dun probe alí por eso antre suspiros repitía: ¡Ai, quén fora riquiño un soio XIX Tales eran decote os seus deseos, mais nunca, ¡triste sorte!, se cumprían; e todos, todos de miseria cheos, anos tras anos sin cesar corrían. Xa era vello Vidal, i os de tan negro sufrir non se que inda o porco Vidal nunca nin naide a tal festiña o XX Tal como era costume, a rica veciños con veciños se trocaban (inda hoxe esta costume se renova), mais a Vidal veciño non chamaban, que fora indina misturanza boba ir a dar donde daiva non e por eso Vidal, probe coitado, nunca catóu morcilla o desdichado. XXI Mas, ¡ai, pícaro mundo!, ¡mundo aleve!, ¿,quén de teus pasos e revoltas ¿Quén afirmar empávedo se atreve que non se pode a noite ¿Quén en tempo tan rápido e ós conocidos de Vidal diría que aquela triste homilde criatura iba nadar en ondas de ventura? XXII ¡I así pasóu...! Que Aquel que aló da inmensa e trasparente esfera donde cos astros sentellantes xira, misericordia de Vidal tivera, o torpe olvido dos podentes vira i a pena de Vidal compadecera, e co seu brazo misterioso e trocóu dun sopro a temeraria sorte. XXIII Tal polas portas de Vidal entrara como en campo sedento farto río, aló de Cais harencia que envidiara o máis encopetado señorío. Ucha de ouro ós seus ollos dándolle desvareo, e risa, e frío, sendo tamaña a dicha que sentía, que o corasón con ela non XXIV Dempóis choróu, sorréu, bicóu a terra inda polo seu pranto humedecida, e canta dicha a humanidade encerra vertéuse do seu peito escandecida. Logo, volvendo en sí, casi se de ver ventura tan sin par e postrado ante Dios fervente ora i o seu misterio portentoso adora. XXV Cumprido este deber, Vidal, reposto de sorpresa tan grave e prasenteira, ponse limpio, amañado e ben composto, coa graciña de Dios por compañeira. Cál se adimira de o mirar cál lle di que é galán i, anque calvo quedóu como San dinlle que ten risado pelo negro. XXVI Chámalle aquél amigo, ¡cousa rara!, que antes ¡Vidal! con sorna lle i outro lle volve pracenteiro a que nantronte o carís lle retorsía. Tal minina de velo se trubara, tal outra xunta del se revolvia, e seica non faltóu quen lle que feito como un santo se XXVII Que é triste o rostro da que entre ximidos e dolores nace, i hastra a hermosura ven cando co seu mirar risoño nos comprace; presta o diñeiro encanto e gentilesa, i un Dios o mesmo demo si tomando figura de banqueiro remexese diñeiro e máis diñeiro. XXVIII Estos misterios son... eu me confundo i en vano os espricar me pero Vidal, í'ilósofo profundo, que, anque xamáis nos libros deprendera, a conta propia deprendéu no mundo, non de mudansa tal se sorprendera, que aló no seu caletre a cando en ser rico con afán XXIX Por eso recibéu con cortesía recrebos, agasaxo e comprimento, que un tras outro homildoso lle escoria vil do humano sentimento. El a baixesa deles comprendía, i anque vano nin torpe pensamento contra xentiñas tales meditaba, f orte e seria lisión darlles pensaba. XXX Unha mañán a un santo e un quiño lle mercóu, ¡soberbo quiño!, tan níveo, tan plantado e tan cal nunca o vira tal ningún Era curto de perna, o lombo do rabo hastra a cabeza redondiño, i o coiro tan graxento relusía que mesmo de manteiga paresía. XXXI ;Alabado sea Dios! ; ¡Dios cho ~San Antonio cho garde!; así escramaban mentras que o cocho a paso i o seu dono Vidal serios A falarlle a Vidal cada un que ó porco xa mortiño contempraban e n'era de perder tan bon polas mans de Vidal morto e XXXII Logo o berrido do infeliz pasente que sofre co coitelo morte dura fender os aires no lugar se pouco a pouco a gorxiña queda o suspiro postrer soa estredente, a sangre corre, o matachín xa e naquel grave e quírtico momento é o porco vida e mundo XXXIII O difunto alí está repantrigado, cunha cebola na antraberta boca (que inda parés que a come pero non o chorés que a dormir sono tan triste descuidado, pois as iras do inferno non nin groria ten nin porgatorio ardente; el dormirá insensible eternamente. XXXIV Non cabe en sí Vidal de o cheiriño do porco lle enlouquece, que antre os porcos nacidos é aquel que ante seus ollos aparece. Certa satisfación, certo contento no rostro dos presentes resplandece, que mesmo quer decii en lenguax ¡Este sí que che é un XXXV Mais co cocho Vidal soio se mentras que a xente aturrullada mira... Cál se pasma, cál bufa, cál que nunca tal naquel lugar se cál outro lle xurando eterna guerra, das voltas que dá o mundo pois que nunca en xamáis nengún lle batera ca porta no fuciño. XXXVI Era aquél un rifar desperado, pero Vidal o xordo se facía; a noite enteira se pasóu cerrado, i ó arbor primeiro do siguente cun varal de morcillas ben cargado, que a pouco de cargado se aparecéu lavado e reverendo, a todos co seu porte sorprendendo. XXXVII El direitiño ó seu facer marchaba con paso despacioso camiñando, e un sorrir nos seus labios que antroido iba decindo ou contrabando. Dempóis, con voz que ás xentes foise de porta en porta perguntando: - ¿Déronlle aquí morcillas a Vidal? - ¡¡¡Aquí non!!! - ~Pois adiante XXXVIII Así as chousas corréu unha por i o varal inteiriño inda se que un triste sí non respondéu de cantas en redondo requería. Ríndose en tanto a falsa de con sonsa voz de bulra repetía: - ¿Déronlle aquí morcillas a Vidal? - ¡¡¡ Aquí non!!! - ¡Pois XXXIX Vidal morréu, i o tempo foi braso que os duros mármores arrasa, antre helados escombros enterrando do bon Vidal a solitaria casa; mais sempre esta historiña foi quedando; inda hoxe mesmo por proverbio pasa, e cando o nome de Vidal muda sole quedar máis dunha boca. 26 - Meniña, ti a máis hermosa que a luz do sol alumbrara; ti a estrela da mañanciña que en puras tintas se baña; ti a frol das froridas cumbres, ti a ninfa das frescas auguas, ti como folla do lirio branca, pura e contristada. ¿Quén eres, fada sin nome de tan dormentes miradas, de tan dorida sonrisa, de feituriña tan cándida? ¿Quisáis de muller naceches sendo tan limpa e tan casta? ¿Quisáis das brisas da tarde, quisáis das brétemas vagas, das burbulliñas dun río, quisáis dunha nube branca? ¿Ou as espumas do mare a un raio de sol xuntadas pousáronte ó ser da aurora nunha cunchiña de nacra? Mais, de onde queira que seas, tristísima pasionaria, por ti sinto un amor puro que pouco a pouco me mata. Por ti, de noite e de cal vaga sombra encantada, preto do teu vivir ximo, ximo cos ventos que pasan facendo vibrar sonoras sentidas cordas dun arpa, que con ecos tembradores dos meus amores che falan. Mais dime: ¿por qué estás muda? Di por qué estás solitaria, di por qué vives nos montes cos paxariños que cantan, mentras ti choras e choras ó pe dun olmo sentada, toda de loito cuberta, toda cuberta de lágrimas. - Déixame vivir nos montes, déixame estar solitaria, déixame cos paxariños que en derredor de min cantan. Déixame vestir de loito, cuberta por tristes bágoas, i eco de homes non escoite nin son de armoniosas arpas, que eses sons de amor á rompen as miñas entranas. ¡Si deles, galán, por sorte, doce consolo arrancaras para un dor que non ten para un mal que non se ¡Si ó seu vibrar sonoroso as tombas se levantaran i o polvo que nelas mora volto a vivir se axitara...! Mais, cala, galán... ; non toques as soaves cordas dun arpa que nin dá vida ós que ni as tristes tombas levanta. Cala, galán, cos cantares que con pasión de amor cantas, que os meus amores morreron i aló antre tombas me agardan. Para min morréu a dicha, morréu tamén a esperanza, cubréuse o seu de tristura i a terra de ásperas prantas. Déixame vivir nos montes, déixame estar solitaria, déixame vestir de loito, cuberta de amargas lágrimas. Que a rula que viudóu, xuróu de non ser casada, nin pousar en ramo verde nin beber da iaugua crara. 27 I ¿Qué ten o mozo? ¡Ai!, ¿qué terá? Ponme agora unha cara de inverno, despóis na fiada, ¡sonrisas de tal! Quer que baile con el no i aló pola vila nin fala ¿Qué ten o mozo? Pois... ¿qué terá? Unhas veces, canciño de cego, por onde eu andare seguíndome vai; nin hai sitio donde eu non un Bras con cirolas i os ¡Ai, qué mociño! ¡Ai, qué rapaz! Noutro instante, ¡mira que fachenda! : atruxos que asombran ó mesmo lugar. ¡¡¡Brrr!!!, parece que pasa soberbo, mandando nos homes su real maxestá. Mociño, ¿es tolo? ¡Ai!, ¿si o serás? Eu non podo entender, meu amore, qué airiños te levan, qué airinos nin tampouco cál xeito te cadra, tratándose, mozo, do teu namorar. ¡Ai! ¡Dios me libre de ti, bon Bras! Que no meu entender te acomparo ó mesiño de Marzo marzal: pola mañán, cariña de rosas, pola tarde, cara de can. ¡Mala xuntanza facemos! ¡¡Ai!! II ¿Qué di a meiguiña, qué di a traidora? Corazón que enloitado te crubes con negros desprezos que a falsa ¿por qué vives sofrindo por ela?,¿ por qué, namorado, de pena saloucas? Si ela é bonita, ela é traidora. Di, con mengua de min, que qué airiños me viran, veleta mal Que cho digan, rapaza, os teus que agora me chaman, dempóis me Que anque es bonita, eres traidora. Si unhas veces amante che falo, e si outras renego de ti..., ¿cáles auguas repousan serenas, si o vento que as manda E ti ben sabes que es revoltosa. Son canciño de cego en quererte...: tal bulra merece quen ama sin pois cos zocos na man ou ás portas do inferno seguíndote fora. Tal estóu tolo tal es grasiosa. ¡Que de Marzo marzal teño a Quisáis que así sea, mais ti, tamén es cal raiola de marzo, que agora descrube, que agora se Iguales semos, nena fermosa. 28 Castellanos de Castilla, tratade ben ós gallegos; cando van, van como rosas; cando vén, vén como negros. - Cando foi, iba sorrindo; cando veu, viña morrendo; a luciña dos meus ollos, o amantiño do meu peito. Aquél máis que neve branco, aquél de dosuras cheio, aquél por quen eu vivía e sin quen vivir non quero. Foi a Castilla por pan, e saramagos lle deron; déronlle fel por bebida, peniñas por alimento. Déronlle, en fin, canto amargo ten a vida no seu seo... ¡Castellanos, castellanos, tendes corazón de ferro! ¡Ai!, no meu corazonciño xa non pode haber contento, que está de dolor ferido, que está de loito cuberto. Morréu aquel que eu quería, e para min n'hai consuelo: sólo hai para min, Castilla, a mala lei que che teño. Premita Dios, castellanos, castellanos que aborreso, que antes os gallegos morran que ir a pedirvos sustento. Pois tan mal corazón tendes, secos fillos do deserto, que si amargo pan vos ganan, dádesllo envolto en veneno. Aló van, malpocadiños, todos de esperanzas cheios, e volven, ¡ai!, sin ventura, con un caudal de despresos. Van probes e tornan probes, van sans e tornan enfermos, que anque eles son como rosas, tratádelos como negros. ¡Castellanos de Castilla, tendes corazón de aceiro, alma como as penas dura, e sin entrañas o peito! En trós de palla sentados, sin fundamentos, soberbos, pensás que os nosos filliños para servivos naceron. E nunca tan torpe idea, tan criminal pensamento coupo en máis fatuas cabezas ni en máis fatuos sentimentos. Que Castilla e castellanos, todos nun montón a eito, non valen o que unha herbiña destes nosos campos frescos. Sólo pesoñosas charcas detidas no ardente suelo, tes, Castilla, que humedezan esos teos labios sedentos. Que o mar deixóute olvidada e lonxe de ti correron as brandas auguas que traen de prantas cen semilleiros. Nin arbres que che den sombra, nin sombra que preste alento... Llanura e sempre llanura, deserto e sempre deserto... Esto che tocóu, coitada, por herencia no universo; ¡miserable fanfarrona...! triste herensia foi por certo. En verdad non hai, Castilla, nada como ti tan feio, que aínda mellor que Castilla valera decir inferno. ¿Por qué aló foches, meu ben? ¡nunca tal houberas feito! ¡Trocar campiños frolidos por tristes campos sin rego! ¡Trocar tan craras fontiñas, ríos tan murmuradeiros por seco polvo que nunca mollan as bágoas do ceo! Mais, ¡ai!, de onde a min sin dor do meu sentimento, i aló a vida che quitaron, aló a mortiña che deron. Morreches, meu quiridiño, e para min n'hai consuelo, que onde antes te vía, agora xa sólo unha tomba vexo. Triste como a mesma noite, farto de dolor o peito, pídolle a Dios que me mate, porque xa vivir non quero. Mais en tanto non me mata, castellanos que aborreso, hei, para vergonza vosa, heivos de cantar xemendo: ¡Castellanos de Castilla, tratade ben ós gallegos; cando van, van como rosas; cando vén, vén como negros! 29 A GAITA GALLEGA RESPOSTA Ao eminente poeta D. Ventura Ruiz I Cando este cantar, poeta, na lira xemendo entonas, non sei o que por min que as lagrimiñas me afogan, que ante de min cruzar vexo a Virgen-mártir que invocas, cos pes cravados de espiñas, cas mans cubertas de rosas. En vano a gaita, tocando unha alborada de groria, sons polos aires espalla que cán nas tembrantes ondas; en vano baila contenta nas eiras aturba louca, que aqueles sons, tal me afrixen, cousas tan tristes me contan, que eu podo decirche: non canta, que chora. II Vexo contigo estos ceos, vexo estas brancas auroras, vexo estes campos froridos donde se arrullan as pombas, i estas montañas xigantes que aló cas nubes se tocan cubertas de verdes pinos e de froliñas cheirosas; vexo esta terra bendita donde o ben de Dios rebota e donde anxiños hermosos tecen brillantes coroas; mais, ¡ai!, como tamén vexo pasar macilentas sombras, grilos de ferro arrastrando antre sorrisas de mofa, anque mimosa gaitiña toque alborada de groria, eu podo decirche: non canta, que chora. III Falas, i o meu pensamento mira pasar temerosas as sombras deses cen portos que ó pe das ondiñas moran, e pouco a pouco marchando fráxiles, tristes e soias, vagar as naves soberbas aló nunha mar traidora. I ¡ai!, como nelas navegan os fillos das nosas costas con rumbo á América infanda que a morte co pan lles desnudos pedindo en vano á patria misericordia, anque contenta a gaitiña o probe gaitero toca, eu podo decirche: non canta, que chora. IV Probe Galicia, non debes chamarte nunca española, que España de ti se olvida cando eres, ¡ai!, tan hermosa. Cal si na infamia naceras, torpe, de ti se avergonza, i a nai que un fillo nai sin corasón se noma. Naide por que te levantes che alarga a man bondadosa; naide os teus prantos enxuga, i homilde choras e choras. Galicia, ti non tes patria, ti vives no mundo soia, i a prole fecunda túa se espalla en errantes hordas, mentras triste solitaria tendida na verde alfombra ó mar esperanzas pides, de Dios a esperanza imploras. Por eso anque en son de alegre á gaitiña se oia, eu podo decirche: non canta, que chora. V Espera, Galicia, espera. ¡Cánto este grito eonsola! Páguecho Dios, bon poeta, mais é unha esperanza louca; que antes de que os tempos de dicha tan venturosa, antes que Galicia suba ca cruz que o seu lombo aquel difícil camino que ó pe dos abismos toca, quisáis, cansada e sedenta, quisáis que de angustias morra. Págueche Dios, bon poeta, esa esperanza de groria, que de teu peito surxindo, á Virgen-mártir coroa, i ésta a recompensa sea de amargas penas tan fondas. Págueche este cantar triste que as nosas tristezas conta, que soio ti..., ¡ti entre tantos!, das nosas mágoas se acorda. ¡Dina voluntad dun xenio, alma pura e xenerosa! E cando a gaita gallega aló nas Castillas oias, ó teu corazón pergunta, verás que che di en resposta que a gaita gallega: non canta, que chora. 30 I - Vente, rapasa, vente, miniña, vente a lavar no pilón da fontiña. Vente, Minguiño, Minguiño, vente; douche sinón polo demo do dente. ¡Qué augua tan limpa! ¡Qué rica frescura! Vente a lavar, que é un primor, criatura. Válganos Dios, que si auguiña n'houbera, lama este corpo mortal se volvera. Vinde a lavarvos, andá lixeiriños, a cara pirmeiro, dimpóis os peíños. ¡Ai!, ¡qué miniña! ¡Qué nena preciosa! Dempóis de lavada parese unha rosa. I este miniño que teño no colo, dempóis de lavado parece un repolo. ¡Ai!, ¡qué tan cuco! ¡Ai!, ¡qué santiño! Ven ós meus brazos, daréiche un biquiño. ¡Olliños de groria! ¡Cariña de meiga! ¡Apértame ben, corasón de manteiga! Corre, corre a que Antona te peite; corre, daráche unha cunca de leite. Corre, corre, a teu pai, Mariquiña, que come cebola con pan e sardiña. II - ¡Válgate Dios, que inda os figos son duros! ¡Mais qué fartiña en estando maduros! El e máis eu i a comadre de abaixo hemos de ter que alargar o refaixo. Rica figueira, que Dios te bendiga, que hasme, abofé, de fartar a barriga. - ¡Jei!, o dos ovos que vas de camiño, ¿cántas duciñas topache no niño? - ¡Unha nomáis! ¡No me teño ca risa! Ése éche un conto que vai para a misa. Dame acá seis, que un fricol che faría, que ó mesmo rei que envidiar lle daría. Xa que non qués, no camiño che colla vento de vira cun saco de molla. III - ¡Turra, turra, Xan, pola burra! Mira que Pedro a cadela che apurra. ¡Ai, desdichada de min que a vexo, fincarche o colmillo no triste pelexo! ¡Diancre de Xan, que non corre nin toa! Ben haia, amén, quen os osos che roa. ¡Churras!, ¡churras! ¡Churriñas!, ¡churras! Cas-qui-tó, que escorréntalas burras. Pica, pica, suriña, pica, lévalle un gran ó teu fillo na bica. Marcha, can, a ladrar ó palleiro, ¡sei que che agrada o demoro do cheiro! ¡Vaiche co can, que o peixiño lle gusta! Mais a teu dono o diñeiro lle custa. ¡Gachi!, ¡gachi! ¡Qué dencho de gato! ¡Cómo se farta no prebe do prato! ¡Inda reventes, larpeiro rabudo! ¡Que inda na gorxa che aperten un nudo! Truca, perico, no gato rabelo hastra deixalo quedar sin un pelo. Que eu, si outra vez o camiño me atranca, hei de romperlle no lombo unha tranca. ¡Malo de aquel que non sabe de misa, nin entra na igrexia nin gasta camisa! ¡Ai, qué galiña saltóu no valado! ¡Sei que quer vir a comer de prestado! Isca de aí, galiña maldita, isca de aí, non me mátela pita. Isca de aí, galiña ladrona, isca de aí prá cás túa dona. Cantares Gallegos 6 Cantares Gallegos de Rosalía de Castro 31 Cando a luniña aparece i o sol nos mares se todo é silencio nos campos, todo na ribeira dorme. Quedan as veigas sin xente, sin ovelliñas os montes, a fonte sin rosas vivas, os árbores sin cantores. Medroso o vento que pasa os pinos xigantes move, i á voz que levanta triste, outra máis triste responde. Son as campanas que tocan, que tocan en sons de morte, i ó corasón din: N'olvides ós que para sempre dormen. ¡Qué triste! ¡Qué hora tan triste aquela en que o sol se en que as estreliñas pálidas tímidamente relosen! Aló as montañas confusas de espesas niebras se croben, i a casa branca en que en sombra espesa se envolve. En vano miro e máis miro, que os velos da negra noite entre ela i os meus olliños traidoramente se poñen. ¿Qué fas ti mentras, meu ben? Dime dónde estás, en dónde, que te aspero e nunca chegas, que te chamo e non respondes. ¿Morreches, meu queridiño? ¿O mar sin fondo tragóute? ¿Leváronte as ondas feras ou te perdeches nos montes? Vou perguntando ós airiños, vou perguntando ós pastores, ás verdes ondas pergunto e ninguén, ¡ai!, me responde. Os aires mudiños pasan, os pastoriños non me oien, i as xordas ondas fervendo contra os penedos se rompen. Mais ti non morreche, ingrato, nin te perdeches nos montes; ti, quisáis, mentras que eu peno, dos meus pesares te goces. ¡Coitada de min! ¡Coitada! Que este meu peitiño nobre foi para ti deble xunco que ó menor vento se torce. ¡I en recompensa ti olvídasme! Dasme fel e dasme a morte... ¡Que éste é o pago, desdichada, que á que ben quer dan Mais ¡qué importa!, ben te quixen... Querréite sempre... Así compre a quen con grande firmesa vidina i alma entregóuche. Aí tes o meu corasón, si o queres matar ben podes: pero, como estás ti dentro, tamén, si ti o matas, morres. 32 I Si a vernos, Marica, nantronte viñeras á festa do Seixo na beira ti riras, Marica, cal nunca te debaixo dos pinos do verde pinar. Á. sombra dos pinos, Marica, ¡qué chistosas pasaron!, ¡qué rir toleirón! Relouca de arriba, relouca de abaixo, iñamos, viñamos i o bombo... ¡pon!... As cóchegas brandas, as loitas alegres, os berros, os brincos, os contos todiños peneques, alegres todiños... I a nosa señora detrás do II ¡Coitada!, ¡qué festa brandida perdeche...! Cantaras, beberas, dormiras, i así nun feixe miraras rolar xuntamente mociños e vellos de aquí para Coa vista trubada, cos ollos dormentes, sorrindo, comendo, pifando e aínda máis, ¡qué apertos, qué olladas tan chuscas as nenas de xenio cos mozos Debaixo dos ricos pareauguas de seda que abertos formaban tamaño rodel, todiños chispados, ¡qué cousas decían! I a nosa señora detrás do III Mais ela decote tan grave e tan fina de oído, tan curta xordiña quedara falando por sete, con probes e ricos, con porcos Meu amo, folgado de tanta largueza, que n'era costume na dona tal tamén, ¡miña xoia!, saltando da burra, ¡pin! ¡pan!, río arriba botóuse a I a dona sorría con ollo comendo castañas e viño con mel... ¡Qué festa, Marica...! Todiños peneques... I a nosa señora detrás do 33 Cómo chove miudiño, cómo miudiño chove; cómo chove miudiño pola banda de Laíño, pola banda de Lestrove. ¡Cómo a triste branca nube truba o sol que inquieto aluma; cál o crube i o descrube, pasa, torna, volve e sube, enrisada branca pruma! Xa, dempóis, lonxe espallada polos aires fuxitivos, desteñida, sombrisada, nos espasos desatada, cae brillando en raios vivos. Misteriosa regadeira fino orballo no chan pousa con feitiña curvadeira, remollando na ribeira frol por frol, chousa por chousa. Semellando leve gasa que sotil o vento move, en frontantes ondas pasa refrescando canto abrasa o que o sol ardente crobe. ¡Cómo chove miudiño polas veigas de Campaña! ¡ Cál se enxugan de camiño os herbales de Laíño! ¡Cómo a Ponte en sol se Para Caldas todo é escuro, ceo azul lose na Adina, trasparente, limpo e puro; da Arretén no monte duro, nube corre pelegrina. Triste vai, que á terra toca xa cos pes da branca neve, xa ca fina fresca boca; triste vai, que ós ceos invoca i a bicar o chan se Triste vai cando se abate vaporosa, soia e muda, cando maina as alas bate como un corasón que late ferido por pena ruda. Tal maxino a sombra triste de mi maa, soia vagando nas esferas onde esiste; que ir á groria se resiste, polos que quixo agardando. Vexo o Souto en parda sombra envolvendo o seu ramaxe, que por bon, do Rei se donde fero o vento asombra, roxe e estala de coraxe. I o Palacio, serio e grave, ¡cánto en pura luz se baña! Tal parés pesada nave que volver ó mar non sabe, se encallóu na fresca bvaña. Vexo Valga á beira hermosa dun camiño todo prata, casta virxe candorosa, sentadiña en chan de rosa, vestidiña de escalrata. A San Lois vexo brillando bañado por tintas puras, sol e sombras amostrando, en reposo contemprando, montes, auguas e verduras. I a Padrón, ponliña verde, fada branca ó pe dun río, froita en frol da que eu lonxe miro que se perde baixo un manto de resío. ¡Qué hinchadiña branca vela antre os millos corre soa, misteriosa pura estrela! Dille o vento en torno dela Palomiña, ¡voa!, ¡voa! Faille arrolo a branda ría cun remanso mormuxante, que nás da arboleda umbría baixo un toldo de alegría, ó calor dun sol amante. ¡Sol de Italia, sol de amore...! ¿Ti paisax mellor alumas? ¿Ti máis rosas, máis verdore, mellor ceu, máis soave core ves do golfo antre as espumas? Sol de Italia, eu non sospiro por sentirte ardente raio, que outro sol temprado miro; dosemente aquí respiro nun perene, eterno maio. Nesta terra tal encanto se respira... Triste ou probe, rico ou farto de querbanto, ¡se encariña nela tanto quen baixo o seu ceu se Os que son nela nacidos, os que son dela mimados, lonxe dela están doridos porque van de amor feridos por quen fono amamantados. Polos fillos a nai tira, xorda, triste, plañideira, xeme, chora e máis sospira, e non para hastra que os ben chegar por derradeira. ¡Probe nai, cánto te quero! ¡Nai tamén - ai - da O teu chan de amor prefiero a canto hai grande ou severo en toda a terra xuntiña. ¿Cómo non si ora estóu vendo, nun paisax de prata e rosas, canto a vida foi querendo, cos meus ollos remexendo memoriñas cariñosas? ¡Bosques, casa, sepulturas, campanarios e campanas con sons vagos de dosuras que despertan - ai - ternuras que en jamáis podrán ser vanas! Elas fono as que tocaron cando os meus alí naceron; elas fono as que choraron, elas fono as que dobraron cando os meus abós morreron. Elas fono as que alegriñas me chamaban mainamente nas douradas mañanciñas, de mi maa cas cantiguiñas i os biquiños xuntamente. Inda vexo onde xogaba cas meniñas que eu quería, o enxidiño onde folgaba, os rosales que coidaba i a fontiña onde bebía. Vexo a rúa solitaria que en paz baña un sol sin que a trube man contraria, igual sempre, nunca varia, veiga llana en campo ameno. E tamén vexo enloitada da Arretén a casa nobre, donde a miña nai foi nada, cal viudiña abandonada que cai triste ó pe dun Alí está, sombra perdida, vos sin son, corpo sin alma, amazona mal ferida que ó sentir que perde a se adormece en xorda calma. Casa grande lle chamaban noutro tempo venturoso, cando os probes a improraban e fartiños se quentaban ó seu lume cariñoso. Casa grande, cando un santo venerable cabaleiro, con tranquilo, nobre encanto, baixo os priegues do seu manto cobexaba ó perdioseiro. Cando os cantos na capilla da Gran casa resoaban con fervor e fe sensilla, rico fruto da semilla que os varóns santos sembraban. Ora todo silensioso causa alí medo e pavura, mora esprito temeroso nos salóns onde o reposo fixo un niño ca tristura. Risas, cantos, armonía, brandas músicas, contento, festas, dansas, alegría, se trocóu na triste e fría, xorda vos do forte vento. No gran patio as herbas crecen vigorosas sin coidado, i as silveiras que frorecen no seu tempo fruto ofrecen ós meniños sazonado. I antre aquel silencio mudo que a trubar naide alí chega, antre aquel ¡xa fun! tan rudo, vese inteiro un nobre escudo que a desir non son se Craros timbres mostra ufano cun soberbo casco airoso... Mais detrás dun son tan vano vese o probe orgullo humano homillado e polvoroso. Tras da calada visera, que hai uns ollos feridores que nos miran, se dixera; que nos din: todo é quimera neste mundo de dolores. ¡Casa grande, triste casa, quen de aquí tan soia miro, parda, escura, triste masa! ¡ Casa grande, pasa, pasa...! ¡Ti xa n'es más que un Meus abós, ¡ai!, xa morreron, os demáis te abandonaron, os teus lustros pereceron, i os que millor te quixeron, tamén de ti se apartaron. Mes tras mes, pedra tras pedra, ti te irás desmoronando, ceñida por sintas de hedra, mentras que outra forte medra, que así o mundo vai rolando. ¡Mais qué lus, qué colorido, nos espasos se dilata! Luce o sol descolorido i arco de iris xa nacido, longa sinta se desata. Cómo chove miudiño, cómo miudiño chove; cómo chove miudiño, pola banda de Laíño, pola banda de Lestrove. 34 Miña Santa Margarida, ¿con quén te hei de comparare? Coma ti non vin ningunha nin na terra nin no mare. Coma ti, Santa bendita, tan garrida e tan presiosa, nin brilóu ningunha estrela, nin se abréu ningunha rosa. Nin luceiro, nin diamante, nin luniña trasparente, luz vertéu máis cariñosa que o teu rostro relucente. Nin as froles do xilmendro, nin a rosa purpurina, nin as neves da montaña, nin fulgor da mañanciña ; nin alegre sol dourado, nin corrente de augua pura, miña Santa Margarida, che asemella en hermosura. ¿Con quén te hei de comparare, miña Santa Margarida, si ti foche ánxel de amore polos anxes eseollida? Sólo a Virxe é máis hermosa que eres ti, bendita Santa i o teu rostro pelegrino o temido demo espanta. De ti vivo namorada, en ti penso con fervore, que eu ben sei que che este puro e santo amore. ¡Quén poidera...! ¡Quén poidera xunta ti vivir segura, manantial que mel derrama, pura fonte de ternura! Onda ti, lonxe do mundo, tan feliz me acobexara que en jamáis ó pracer vano este meu mirar tornara. Que no monte onda ti moras tan bon aire se respira, que o que máis do mundo sólo alí por Dios suspira. Miña Santa Margarida, miña Margarida santa, tendes a casa no monte, donde o paxariño canta. 35 ALBORADA I Vaite, noi- te,- vai fuxin- do.- Vente, auro- ra,- vente abrin- do,- co teu ros- tro - que, sorrin- do,- ¡¡¡ja sombra espanta!!! ¡Canta, paxariño, can- ta - de ponliña en pon- la,- que o sol se levan- ta - polo monte ver- de,- polo verde mon- te,- alegrando as her- bas,- alegrando as fon- tes...! ¡Canta, paxariño alegre, canta! ¡Canta porque o millo medre, canta! ¡Canta porque a luz te escoite, canta! Canta que fuxéu a noite. Noite escura logo ven e moito dura co seu manto de tristura, con meigallos e temores, agoreira de dolores, agarimo de pesares, cubridora en todo mal. ¡Sal...! Que a auroriña o ceu colora cuns arbores que namora, cun sembrante de ouro e prata teñidiño de escalrata. Cuns vestidos de diamante que lle borda o sol amante antre as ondas de cristal. ¡Sal...!, señora en todo mal, que o sol xa brila nas cunchiñas do areal; que a luz do día viste a terra de alegría; que o sol derrete con amor a escarcha fría. II Branca auro- ra - ven chegan- do,- i ás porti- ñas - vai chaman- do - dos que dor- men - esperan- do - ¡o teu folgor...! Cor... de alba hermosa lles estende nos vidriños cariñosa, donde o sol tamén suspende, cando aló no mar se tende, de fogax larada viva, dempóis leve, fuxitiva, triste, vago resprandor. Cantor dos aires, paxariño alegre, canta, canta porque o millo medre; eantor da aurora, alegre namorado, ás meniñas dille que xa sal o sol dourado; que o gaiteiro, ben lavado, ben vestido, ben peitado, da gaitiña acompañado ¡á porta está...! ¡Xa... ! Se espricando que te esprica, repinica, repinica na alborada ben amada das meniñas cantadeiras, bailadoras, rebuldeiras ; das velliñas alegriñas ; das que saben ben ruar. ¡Arriba todas, rapaciñas do lugar, que o sol i a aurora xa vos vén ¡Arriba! ¡Arriba, toleirona mocidad, que atru- xaremos - cantaremos o ala... lá...!!! 36 Eu cantar, cantar, cantéi, a grasia non era moita, que nunca (delo me pesa) fun eu meniña grasiosa. Cantéi como mal sabía dándolle reviravoltas, cal fan aqués que non saben direitamente unha cousa. Pero dempóis paseniño, i un pouco máis alto agora, fun botando as miñas cántigas como quen non quer a cousa. Eu ben quixera, é verdade, que máis boniteiras foran. Eu ben quixera que nelas bailase o sol cas palomas, as brandas auguas ca luz i os aires mainos cas rosas; que nelas craras se visen a espuma das verdes ondas, do ceu as brancas estrelas, da terra as prantas hermosas, as niebras de cor sombriso que aló nas montañas rolan, os berros do triste moucho, as campaniñas que dobran, a primadera que ríe i os paxariños que voan. Canta que te canta, mentras os corasóns tristes choran. Esto e inda máis, eu quixera desir con lengua grasiosa; mais donde a grasia me falta o sentimento me sobra, anque éste tampouco abasta para espricar certas cousas, que a veces por fora un mentras que por dentro un chora. Non me espriquéi cal quixera pois son de espricansa pouca; si grasia en cantar non teño o amor da patria me afoga. Eu cantar, cantar, cantéi, a grasia non era moita. ¡Mais qué faser, desdichada, si non nacín máis grasiosa!