POESÍA Cancioneiro profano ------------------------------------------------------------------------ Cantigas de amigo ------------------------------------------------------------------------ Meendiño Sedia-m'eu na ermida de San Simion e cercaron-mi as ondas, que grandes son: eu atendend'o meu amigo, eu atendend'o meu amigo! Estando na ermida ant'o altar, [e] cercaron-mi as ondas grandes do mar: eu atendend'o meu amigo! eu atendend'o meu amigo! E cercaron-mi as ondas, que grandes son, non ei [i] barqueiro, nen remador: eu atendend'o meu amigo! eu atendend'o meu amigo! E cercaron-mi as ondas do alto mar, non ei [i] barqueiro, nen sei remar: eu atendend'o meu amigo! eu atendend'o meu amigo! Non ei i barqueiro, nen remador, morrerei fremosa no mar maior: eu atendend'o meu amigo! eu atendend'o meu amigo! Non ei [i] barqueiro, nen sei remar morrerei fremosa no alto mar: eu atendend'o meu amigo! eu atendend'o meu amigo! Fonte: José Joaquim Nunes (ed.) (1926): Cantigas d'amigo dos trovadores galego-portugueses. Vol. II. Coimbra: Imprensa da Universidade. Reimpresión: New York, Kraus Reprint, 1971, pp. 229-230. ------------------------------------------------------------------------ Martin Codax Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo! e ai Deus, se verrá cedo! Ondas do mar levado, se vistes meu amado! e ai Deus, se verrá cedo! Se vistes meu amigo, o por que eu sospiro! e ai Deus, se verrá cedo! Se vistes meu amado por que ei gram cuidado! e ai Deus, se verrá cedo! Fonte: José Joaquim Nunes (ed.) (1926): Cantigas d'amigo dos trovadores galego-portugueses. Vol. II. Coimbra: Imprensa da Universidade. Reimpresión: New York, Kraus Reprint., 1971, p. 441. ------------------------------------------------------------------------ Payo Gómez Chariño As ffroles do meu amigo briosas uan no nauyo E uanss'as frores d'aquí ben con meus amores, idas som as frores d'aquí ben con meus amores. As ffrores do meu amado briosas uan no barco. E uanss'as frores d'aquí ben con meus amores, idas som as frores d'aquí ben con meus amores. Briosas uan eno navío para chegar ao ferido. E uanss'as frores d'aquí ben con meus amores, idas som as frores d'aquí ben con meus amores. Briosas uan eno barco pera chegar ao fossado. E uanss'as frores d'aquí ben con meus amores, idas som as frores d'aquí ben con meus amores. Pera chegar ao ferido seruirmi, corpo uelido. E uanss'as frores d'aquí ben con meus amores, idas som as frores d'aquí ben con meus amores. Pera chegar ao fossado (de) seruirmi, corpo loado. E uanss'as frores d'aquí ben con meus amores, idas som as frores d'aquí ben con meus amores. Fonte: Armando Cotarelo Valledor (ed.) (1934): Cancionero de Payo Gómez Chariño. Madrid, Librería General de Victoriano Suárez. Revisado: prólogo e apéndices de Enrique Monteagudo Romero. Xunta de Galicia, pp. 359-360. ------------------------------------------------------------------------ Airas Nunez Bailemos nós ja todas tres, ai amigas, so aquestas avelaneiras frolidas, e quen for velida como nós, velidas, se amigo amar, so aquestas avelaneiras frolidas verrá bailar. Bailemos nós ja todas tres, ai irmanas, so aqueste ramo d'estas avelanas, e quen for louçana como nós, louçanas, se amigo amar, so aqueste ramo d'estas avelanas, verra bailar. Por Deus, ai amigas, mentr'al nom fazemos, so aqueste ramo frolido bailemos, e quen ben parecer como nós parecemos, se amigo amar, so aqueste ramo, sol que nós bailemos verra bailar. Fonte: Giuseppe Tavani (ed.) (1993): A poesía de Airas Nunez. Trad.: R. Álvarez Blanco. Vigo: Galaxia, p. 112. ------------------------------------------------------------------------ Pero Meogo Levóus'a louçana, levóus'a velida, vai lavar cabelos na fontana fría, leda dos amores, dos amores leda. Levóus'a velida, levóus'a louçana, vai lavar cabelos na fría fontana, leda dos amores, dos amores leda. Vai lavar cabelos na fontana fría, passou seu amigo que lhi ben quería, leda dos amores, dos amores leda. Vai lavar cabelos na fría fontan, passa seu amigo que muit'a amava, leda dos amores, dos amores leda. Passa seu amigo que lhi ben quería, o cervo do monte a augua volvía, leda dos amores, dos amores leda. Passa seu amigo que muito amava o cervo do monte volvía a augua, leda dos amores, dos amores leda. Fonte: Xosé Luís Méndez Ferrín (ed.) (1966): O cancioneiro de Pero Meogo. Vigo: Ed. Galaxia, pp. 159-160. ------------------------------------------------------------------------ Joan Airas de Santiago Todalas cousas eu vejo partir Todalas cousas eu vejo partir do mund' en como soian seer, e vej' as gentes partir de fazer ben que soian, ¡tal tempo vos ven!, mais non se pod' o coraçon partir do meu amigo de mi querer ben. Pero que ome part' o coraçon das cousas que ama, per bõa fe, e parte-s' ome da terra ond' é, e parte-s' ome d' u gran[de] prol ten, non se pode partilo coraçon do meu amigo de mi [querer ben]. Todalas cousas eu vejo mudar, mudan-s' os tempos e muda-s' o al, muda-s' a gente en fazer ben ou mal, mudan-s' os ventos e tod' outra ren, mais non se pod' o coraçon mudar do meu amigo de mi querer ben. Fonte: José Luis Rodríguez (ed.) (1980): El cancionero de Joan Airas de Santiago. Universidade de Santiago de Compostela. Anexo 12 de Verba, p. 142. ------------------------------------------------------------------------ Cantigas de amor ------------------------------------------------------------------------ Bernal de Bonaval A dona que eu am' e tenho por senhor amostrade-mh-a, Deus, se vos em prazer for, se non dade-mh-a morte. A que tenh' eu por lume d' estes olhos meus e por que choran sempr' , amostrade-mh-a, Deus, se non dade-mh-a morte. Essa que vós fezestes melhor parecer de quantas sey, ay Deus!, fazede-mh-a veer, se non dade-mh-a morte. Ai, Deus! qui mh-a fezestes mays ca mim amar, mostrade-mh-a u possa com ela falar, se nom dade-mi-a morte. Fonte: Mª Luisa Indini (ed.) (1978): Bernal de Bonaval. Poesie. Bari: Adriatica Editrice, pp. 113-114. ------------------------------------------------------------------------ Pero da Ponte Se eu podesse desamar a quen me sempre desamou, e podess' algun mal buscar a quen mi sempre mal buscou! Assy me vingaria eu, se eu podesse coyta dar, a quen mi sempre coyta deu. Mays sol non posso eu enganar meu coraçon que m' enganou, per quanto mi faz desejar a quen me nunca desejou. E per esto non dormio eu, porque non poss' eu coita dar, a quen mi sempre coyta deu. Mays rog' a Deus que desampar a quen mh' assy desamparou, ou que podess' eu destorvar a quen me sempre destorvou. E logo dormiria eu, se eu podesse coyta dar, a quen mi sempre coyta deu. Vel que ousass' en preguntar a quen me nunca preguntou, per que me fez en ssy cuydar, poys ela nunca en min cuydou. E por esto lazero eu, porque non poss'eu coyta dar, a quen mi sempre coyta deu. Fonte: Saverio Panunzio (ed.) (1992): Pero da Ponte. Poesías. Trad.: R. Mariño Paz. Vigo: Galaxia, pp. 82-84. ------------------------------------------------------------------------ Outras ------------------------------------------------------------------------ Afonso X Non me posso pagar tanto do canto das aves nen do seu son, nen d'amor nen de mixon nen d'armas - ca ei espanto, por quanto mui perig(o)sas son, - come dun bon galeon, que mi alongue muit'aginha deste demo da campinha u os alacrães son; ca dentro no coraçon senti deles a espinha! E juro par Deus lo santo que manto non tragerei nen granhon, nen terrei d'amor razon nen d'armas, por que quebranto e chanto ven delas toda sazon; mais tragerei un dormon, e irei pela marinha vendend' azeit' e farinha; e fugirei do poçon do alacran, ca eu non lhi sei outra meezinha. Nen de lançar a tavolado pagado non sõo, se Deus m'ampar, aqui, nen de bafordar; e andar de noute armado, sen grado o faço, e a roldar; ca mais me pago do mar que de seer cavaleiro; ca eu foi já marinheiro e quero-m' ôi-mais guardar do alacran, e tornar ao que me foi primeiro. E direi-vos un recado: pecado nunca me pod'enganar que me faça já falar en armas, ca non m'é dado (doado m'é de as eu razõar, pois-las non ei a provar); ante quer' andar sinlheiro e ir come mercadeiro algûa terra buscar, u me non possan culpar alacran negro nen veiro. Fonte: M. Rodrigues Lapa (ed.) (1970): Cantigas d'escarnho e de mal dizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses, 2ª ed., Vigo: Galaxia, pp. 13-16. ------------------------------------------------------------------------ Martín Soares No mundo non sei parella mentre me for como me vay, ca ja moiro por vos e ay! Mia sennor branca / e vermella, queredes que vus retraya quando vus eu vi en saya. Mao dia me levantey que vus enton non vi fea! E, mia señor, des aquel[la] me foy a mi muy mal di'ay! E vus, filla de don Paay Moniz, e ben vus semella d'aver eu por vos guarvaya, pois eu, mia señor, d'alfaya nunca de vos ouve nen ey valia d'ûa correa.