Prosa tabeliónica Testamento de Estevo Pérez, de 1230, considerado o máis antigo dos textos non literarios escritos en galego Era Mª. CCª. LXª. VIIIª et octo dias ante kalendas octuber. Ego Stefano Petri fazu ista manda que seia stavil por sempre. In prima quosa mandu a alma e o corpu a sancta Maria do Burgu. E mandu os clericos de sancta Maria por anniversaria a mina vina dos Codesaes para a mesa dos clericos; a Petro Dominget, meu abade, \mandu/ a mina vina de Revordauns in donazum; e mandu a mina casa do campu que a venda para as minas dividas e mandu a mina vina das Pias a ma quirmaa Marina Petri e a seus irmanus; e mandu a Guncalvuu Iohannis e a filus de dona Scizilia a ma casa do Campu de fundu; e mandu a Martin Petri todas mias voontades de casa; et mandu a Guncalvu Iohannis hu meu quinum da cortina de Tra la porta; e mandu a mia vina das arras que vaan por min a sancta Maria de Rocamador e a cui ea sancti Yacobi; e mandu a mia vina de su a eclesia de Francelu e a do rigeiru a meu tiu Martin Petri, e mandole a mia leira da Veronza unde me fat foro; e mando a Guncalvu Iohannis e a suus quirmauuns hu foro que hec cum ilis e o qui me fat I. Arias zapateiru; e mandu a meu tiu Stefano Petri quantu ayu in Vimieirus e mandule mia vot d-aquela erdade que me teim os frades de Melon forzada; e mando a mia erdade de Paradela a mina ama Maria Iohannis e a sua fila Maria Iohannis e a Ocfemea; e mandu a mina vina de Val da Cova a Stefano Petri e a Fernan Petri e Arias Petri; e mandu a Fernan Roderiquit quantu hei in Noalu. Fonte: Miguel Romaní Martínez (1989): Colección diplomática do mosteiro cisterciense de Sta. Maria de Oseira (Ourense). 1025-1310, vol. I, Santiago: Tórculo Edicións, pp. 316-317. O manuscrito deste documento (Facultade de Historia da USC: Área de Ciencias e Técnicas Historiográficas). ------------------------------------------------------------------------ Apontamento notarial para unha carta de separación matrimonial (1457) • Nota: neste texto hai certas modificacións con respecto á edición orixinal pola imposibilidade de reproducir algunhas grafías. Substituíronse |e| e |u| con til de nasalidade por |ê| e |û| e suprimíronse os acentos gráficos sobrepostos ó til de nasalidade. O |j| con til de nasalidade substituíuse por |j~|. Este día, mes e ano, êno dito lugar, Fernand Mjgelles, pedreyro, diso que, por quanto / el nõ era cõtento da vjda que fasja cõ Dominga, súa moller, e por nõ / cabsar mal de hûu ou de outro, que se quería apartar e quitar dela e se quitaua / e apartaua dela e la daua por libre e quita para que de oje en deante fose / de sy e de seu corpo e fasenda todo quanto quisese e súa võtade fose, / sen pena nj~gûa. E a dita Dominga diso que, poys así era súa võtade, / que leuase o cárrego delo sobre súa alma, e que lle prasía e que así mjsmo / lo soltaua ao dito Fernand Mjgelles e se quitaua del para que fosê libres / e quitos hûu do outro e o outro do outro; e prometerõ amas ditas partes / de nõ acusar hûu a outro so pena de çent florîs d'ouro para a parte a/cusada; do qual diserõ que outorgauã dúas cartas firmes e fortes, / quaes en esta rrasõ más firmes se podesê faser, feytas en hûu / thenor para cada hûu deles a súa, e aos presentes rrogauã que fosê testigos; / do qual forõ testigos: Ferrnando de Catoyra e Gomes de Rribademar, juís, / e Diego Maseda, moradores en Rriãjo. // Fonte: Fernando R. Tato Plaza (1994): O libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (séc. XV). Tese de doutoramento, Santiago: Universidade de Santiago de Compostela, pp. 127-128. [Microficha, 1995] ------------------------------------------------------------------------ Contrato de prometemento e dote e casamento (1466) • Nota: neste texto hai certas modificacións con respecto á edición orixinal pola imposibilidade de reproducir algunhas grafías. Substituíronse |e| e |u| con til de nasalidade por |ê| e |û| e suprimíronse os acentos gráficos sobrepostos ó til de nasalidade. O |j| con til de nasalidade substituíuse por |j~|. Sábean todos como nós, Gonçalo Lopes de Goyãas, escudeiro, et Ihoana Días, myna muller, que presentes anbos somos, et eu, Moor Ares de Bóbeda, madre do dito Gonçalo / Lopes, que presente sõo, todos tres de mancomûu a vós de hûu, cada vn porlo todo, rrenûçiando a ley de "duobus rrex devendy", outorgamos et conosçemos que, por / rrasón que vós, Rruy Fernandes Nogeyrol, escudeyro, oje este dýa desposastes por palabras do presente, segundo manda Deus et Santa Ygleia, cõ Ljonor Dýas, filla de nós, os ditos Gonçal Lopes et Ihoana Dýas, et neta de mj~, a dita Moor Ares, et ella asý meesmo con vós, et demos et nos obligamos de dar et pagar en / dote et casamento aa dita nosa filla et a vós, o dito Rruy Fernandes, seseêta moyos de vjño et outras cousas, segundo mays conpridamente se contê êno contrabto que çerca delo ontre / nós et Fernãd Ares Nogeyrol, en nome de vós, o dito Rruy Fernandes, pasou, ao qual nos rreferimos; et porque nosas voõtades son de o têer, conprir et agardar segundo / en el se contê, por ende nós, os sobredytos, todos tres de mancomûu a vós de hûu, prometemos et nos obligamos de dar et pagar a vós, o dito Rruy Fernandes Nogeirol, / durante os dýas de nosas vidas et de cada hûu de nós, os ditos seseenta moyos de vyño êna dita ygleia de Ferreira et, nõ os avendo êna dita ygleia, voslos da/remos êno couto de Toldãaos por cada dýa de San Martyño de nouêbro, desque tomardes et teverdes a dita Ljonor Días en voso poder et por moller, segundo se / contê êno contrabto de prometemento et dote et casamento que sobre elo pasou perante ho notario et testigos de juso scriptos; et mays queremos et nos plas que se falesçe/ren da vyda presente Vaasco, Dyego et Pedro, fillos de nós, os ditos Gonçal Lopes et Juana Días, et netos de myn, a dita Moor Ares, que a dita Lyonor Días et vós, / o dyto Rruy Fernandes, posades entrar et partir cõ as outras súas yrmãas en tódoslos bêes móueles et rraýses que nós teemos et avemos, con tanto que tragades a par/tyçõ et monte mayor os bêes que vos asý demos cõ a dita Ljonor Días, se vyrdes que vos cunple ou he voso proueyto; para o qual todo asý teer, guardar et cõplir, / obligamos a nós et a nosos bêes móuelles et rraíses, eclesiásticos et seglares, avydos et por aver, et so pena que vos demos et pagemos por pena, se o asý / nõ teuéremos, conpríremos et agardaremos, myll doblas d'ouro da vanda castillanas. Et porque nosa voõtad[e] he de conprir et teer o suso dito, porlo thenor da pre/sente pidimos et rrogamos et damos todo noso poder conprido a qualquer ou quaesquer allcaldes, juíses, justiças eclesiásticas ou seglares dos rreynos et senoríos / del rrey de Castylla, noso señor, aa jurdiçõ do quaes et de cada hûu deles nos sometemos, et rrenûçiamos a nosos propyos foros et jurdiçõ, que nos cõpelan et apremjê / por tódoslos rremedyos do dereito a que tenamos, cûplamos et agardemos todo o suso dito et que contra elo nõ vaamos n[y~] pasemos, antes nos condepnê a que o tenamos, cûplamos et agardemos ben, asý et tã conpridamente como se sobre elo fose dado sentença definytiba a noso pidymento et consyntimento, et / a tal setença fose pasada en cousa julgada, çerca do qual rrenûçiamos a pedir traslado desta carta et demãda en scripto et térmjno de avogado, et a todas / ferias de pan et vyño coller, et aa ley dos cónsules Velyano et Justyljano que falan en ajuda et fabor das mulleres, et a todas outras leys et dereitos canónicos, / çiuijs, rreyaes, monj[çi]paes, escriptos et nõ escriptos, et a todas outras ex[e]pçõos et alegaçõos de feyto et de dereito, que nûca ende dygamos nê alegemos o contrario, / et en espeçial rrenûçiamos a ley et dereito que dis que general rrenûçiaçõ nõ valla saluo se proçede por espeçielidade. Et eu, o dito Rruy Fernandes, que presente sõo, para / myn et para a dita myña sposa, asý o rreçebo. Que foy feyta et outorgada êno lugar de Martýn, que he êna fregresýa de San Cristóuõo de Martýn, dentro das / casas do dyto Gonçalo Lopes, a vynte et septe dýas do mes de jullio do ano do nasçemento de Noso Señor Yhesu Cristo de mjll et quatroçentos et seseêta et / seys anos. Testigos que forõ presentes: o dito Fernãd Ares Nogeyrol et Rruy Gonçalues de Rribadeneyra et Nuno Fernandes de Santa Alla et Pero Gonçalues de Casares et Gonçalo / Lopes de Pol et Ares Cacharrõ et outros. Et eu, Áluaro Garçía d'Eyrêe, notario públjco da vila de Mõforte de Lemos et seus térmjnos / et jurdiçõos por meu señor don Pedro Osorio, conde de Lemos, señor de Cabreyra et Rribeyra, a to/do esto que dito he cõ os ditos t[e]stigos presente foy et, a pidimêto das ditas partes, esta carta de con/trabto en mjña presençia fis escripujr et aquí meu nome et signo fis en t[e]stemoyo de verdade, que atal he. // Signo e firma: notario Álvaro Garçía//.